A Festa da Xuventude de Begonte amplíase cun torneo de tute

TerraChaXa
O Concello de Begonte continúa o día 13 de maio cunha nova edición da Festa da Xuventude, coa que se busca ofrecer unha alternativa de ocio.
baralla cartas tute
baralla cartas tute
8 may 2024

Begonte prepárase para celebrar o sábado 18 de maio a Festa da Xuventude, que organiza o Concello, unha celebración na que se busca ofrecer unha alternativa de ocio á xente moza do Concello cunha ampla programación.

A festa volve celebrarse no club fluvial de Begonte e abrirá a programación ao mediodía coa actuación do grupo Arizona en sesión vermú.

Durante a tarde desenvolveranse numerosas actividades. Unha delas consistirá na celebración do segundo Open de fútbolín de modalidade de parado, que se iniciará ás 16.00 horas. Haberá dúas categorías, con 8 premios na de Elite e catro na de primeira con recompensas de entre 600 e 30 euros para os participantes. A inscrición é gratuíta.

Outra das actividades da tarde será a festa do baloncesto, que terá lugar a partir das 18.00 horas no mesmo club fluvial coa participación de Maximus. Completa a programa vespertino un campionato de tute e unha xornada billardeira. Tamén están previstos xogos populares para todas as idades.

O torneo de tute comezará ás 17.00 horas para un mínimo de 16 parellas. Haberá tres premios para os gañadores e tres para os de repesca. NO primeiro caso serán 200 para o primeiro, 100 para o segundo e o terceiro será un agasallo, igual que para os tres primeiros da repesca.

Á noite, ás 21.30 horas está programada unha cea, que inclúe bebida, empanada, chourizo e churrasco antes da música das orquestras Olympus e Arizona en sesión verbena.

Ademais, está prevista a fin de festa co DJ Ello.

O Concello ten á venda uns packs por 15 euros que inclúen a cea, unha camiseta, bolsa e pano para a cabeza. Os packs están xa á venda no Concello en horario de mañá.