Saavedra prepárase para a Festa e a Romería dos Milagres

TerraChaXa
A romería dos Milagres de Saavedra, en Begonte, repite o seu tradicional programa coa celebración de novo das festas e o horario de misas.
6 may 2024

A tradicional Romería dos Milagres de Saavedra, en Begonte, repite o seu tradicional programa coa celebración das festas e o horario de misas, que se iniciarán a partir do 14 coa novena á Virxe, que finalizará o mércores 22, con rezos ás 20.00 horas da tarde e misa.

Para a parroquia begontesa de Saavedra trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á virxe dos Milagros, que reúne cada ano no santuario da localidade a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa.

As celebracións relixiosas comezarán o día 19, domingo, con misas ás 11:30h, 11:30 e 12:30h e pola tarde a novena, ás 20.00 horas.

O día propio dos Milagres, o mércores 24, as cerimonias relixiosas serán cada hora dende as 7.00 ás 13.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 pola tarde. Para o sábado 25, volverán os oficios ás 12.30, 13.30 e 20.30 horas para rematar o domingo con outras tres misas, todas de mañá, ás 11.30 horas, 12.30 e 13.30 horas.

E xunto coa Romería volven tamén as festas patronais, que terán como primeiro día de celebración o vernes 24 coa actuación de Manhattan en sesión vermú e verbena, esta última xunto a Cinema.

Xa a fin de semana continúa a programación coa participación co grupo Punto Clave en sesión vermú e Saudade e repetición de Punto Clave pola noite.

O domingo rematará o programa con grupo La Hora Bruja en sesión vermú.

A organización lembra que haberá servizo de comida no campo da festa ademais dos tradicionais postos gastronómicos e que tamén haberá venda de candeas para os oficios relixiosos.