O Castro de Viladonga terá xogos e concertos na Noite dos Museos

TerraChaXa | LugoXa
O Museo do Castro de Viladonga conmemora o Día Internacional dos Museos e prolóngase ata a fin de semana, co gallo da Noite dos Museos.
noite dos museos castro de viladonga portada
noite dos museos castro de viladonga portada
6 may 2024

A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra este xoves, 18 de maio, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos.

Museo do Castro de Viladonga, no concello lucense de Castro de Rei, acolle o sábado 11 actividades unha xornada de actividades no museo.

Darán comezo ás 17.30 horas con xogos populares a cargo da asociación Xotramu, que se prolongará ata as 19.30 horas. Unha hora antes dará comezo unha das dúas actuacións previstas, a do grupo Ukestra do Medio. Trátase dun grupo de ukeleles que nace en Compostela en 2013 versionando temas de diferentes estilos musicais. Nos seus dous últimos discos, Outras Lérias (2020) e Histórias Cativas (2022) predominan xa as cancións propias, todas elas en galego. O son da banda caracterízase por unha proposta ecléctica con influencias de rock’nroll, country, swing, pop e surf, todo pasado polo filtro do son característico dos ukeleles.

Este concerto, dunha hora de duración, dará paso a outro de I Colori dell'Armonía, actividade coñecida como diálogos musicais con dous violíns.

O grupo que nace en 2010 na cidade do Porto (Portugal). A unión dos músicos xurde por ser alumnos do Curso de Música Antiga da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo desa cidade. A súa formación varía dependendo do repertorio, ampliándose con outros instrumentos como o violonchelo, a viola de gamba, tiorba, voz… Nesta ocasión, Mariña García Bouso e Andoni Conde Villar presentan un programa dedicado aos dúos de violín do século XVIII.

Ás 20.30 horas rematarán cuns petiscos, bebidas e queimada.

Actividades realizada en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e Castro de Viladonga e o Concello de Castro de Rei.