Veiga do Pumar está de festas esta fin de semana

TerraChaXa
Veiga do Pumar, na parroquia de Momán, celebra os días 5, 6 e 7 de maio as súas festas na honra a San Xosé de Ombreiro e San Pedro
Veiga Pumar Moman portada2
Veiga Pumar Moman portada2
4 may 2023

Veiga do Pumar, na parroquia de Momán, celebra os días 5,6 e 7 de maio as súas festas na honra a San Xosé de Ombreiro e San Pedro.

As celebracións darán comezo o venres 5 cunha churrascada popular.

O sábado ás 13.30 celebrarase a misa con procesión para continuar cunha sesión vermú amenizada pola orquestra Galaxia.

A verbena da noite contará tamén coa actuación da orquestra Galaxia que estará acompañada de José Anido.

Para rematar, o domingo, ás 13.30 terá lugar a misa con procesión e o dúo Eclipse será o encargado de por a música na sesión vermú.

Veiga Pumar Festas Moman