Outeiro de Rei abre o prazo para anotarse aos campamentos de verán

TerraChaXa | LugoXa

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para os campamentos urbanos que se realizaran do 1 ao 5 de xullo para os nenos e nenas de 4 a 7 anos e do 8 ao 12 de xullo para os nenos e nenas de 8 a 12 anos.

campamento actividades nenos
campamento actividades nenos
1 may 2024

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para os campamentos urbanos que se realizaran do 1 ao 5 de xullo para os nenos e nenas de 4 a 7 anos e do 8 ao 12 de xullo para os nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Ao ser limitado o número de prazas (30 por campamento) estas cubriranse por rigorosa orde de solicitude tendo preferencia os/as nenos/as empadroados no concello e o alumnado do CEIP Laverde Ruíz con respecto ás solicitudes de fóra.

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas.

Nos campamentos realizarán actividades como obradoiros, xincanas, xogos de equipo, irán ao parque acuático de Cerceda, etc.

Teñen un; custe de 30 euros o primeiro e de 40 euros o segundo, que deberán aboarse sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Pódense reservar as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.