O Concello da Pastoriza remata varias obras en vías das parroquias

TerraChaXa

O novo Goberno local da Pastoriza, con Darío Cabaneiro á fronte, continúa cos traballos de mellora das comunicacións no medio rural.

obras medio rural a pastoriza caminos estradas
obras medio rural a pastoriza caminos estradas
7 may 2024

O novo Goberno local da Pastoriza, con Darío Cabaneiro á fronte, continúa cos traballos de mellora das comunicacións no medio rural. Así continuaron traballando estes días na limpeza de cunetas nas parroquias de Crecente, Gueimonde, Aguarda, San Cosme de Piñeiro, Fonmiñá e Pousada.

O obxectivo é favorecer as comunicacións, evitar a acumulación de auga e mellorar a seguridade dos veciños.

Ademais, realizouse a pavimentación de accesos aos núcleos das Fontes e As Manciñeiras, na parroquia de Rigueira, obras realizadas con cargo á Xunta de Galicia, á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Unha obra que ten un orzamento de 48.158 euros.

Tamén con cargo, á Xunta fíxose a pavimentación de accesos ao núcleo do Alto, na propia Pastoriza, unha ogra por importe de 47.182 euros.

Despois, con cargo ao Plan Único da Deputación do ano 2023, leváronse a cabo actuacións en Gueimonde e Cadavedo, mellorando as vías e os accesos, deteriorados nos últimos anos.