Concello e empresarios reúnense con Ence para coñecer o proxecto para As Pontes

TerraChaXa

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, xunto co director territorial de Ence Galicia, Antonio Casal, e a edil de Industria, Ana Pena, participaron nun encontro con representantes do tecido empresarial, comercial e veciñal das Pontes no que se informou sobre o estado de tramitación da bioplanta de produción de fibra branqueada reciclada e En verbas do alcalde das Pontes, “este tipo de convocatorias son a mellor maneira de dar a coñecer o proxecto á cidadanía, que saiban a situación administrativa na que se atopa e resolver todas as súas dúbidas”.

encontro ence as pontes
encontro ence as pontes
1 may 2024

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, xunto co director territorial de Ence Galicia, Antonio Casal, e a edil de Industria, Ana Pena, participaron nun encontro con representantes do tecido empresarial, comercial e veciñal das Pontes no que se informou sobre o estado de tramitación da bioplanta de produción de fibra branqueada reciclada e

En verbas do alcalde das Pontes, “este tipo de convocatorias son a mellor maneira de dar a coñecer o proxecto á cidadanía, que saiban a situación administrativa na que se atopa e resolver todas as súas dúbidas”. González Formoso cualificou o encontro coma “un exercicio de transparencia necesario” e adiantou que está previsto que tamén se realice cos restantes proxectos industriais que escolleron As Pontes como escenario.

O encontro mantido nas dependencias da Asociación Seara, serviu para coñecer o estado do calendario de execución do proxecto, que xa conta coa concesión, para as súas tres fases, da licenza de uso de auga por parte de Augas de Galicia e está pendente dos últimos permisos do goberno autonómico para acometer a primeira das tres fases coas que conta a iniciativa: unha planta de fibra recuperada e un proxecto piloto para a recuperación de fibras téxtiles.

En canto á previsión do inicio das obras, dende Ence estiman que estas arrincarán o ano que ven, entrando en funcionamento para o 2027, namentres que en 2026 comezarían cos trámites administrativos e a solicitude de permisos para as dúas fases restantes.

Segundo as previsións que manexa Ence, nesta primeira fase xeraranse 100 empregos directos e preto de 500 indirectos e a inversión estimada ascende a 125 millóns de euros. Asemade, este primeiro paso incluirá a posta en marcha dunha pranta piloto para a reciclaxe de fibras téxtiles cun proceso pioneiro co que se buscará empregar antigas fibras, tratalas e darlles unha vida infinita mediante unha tecnoloxía de vangarda, ao tempo que se aposta polo consumo mínimo de recursos naturais.

A isto sumarase a carga de traballo para o sector do transporte por estrada xa que se moverán 100.000 toneladas anuais de produto rematado, ademais de 160.000 toneladas de materias primas e, por suposto, todo tipo de mercadorías e subministros para a futura planta eléctrica de 50 Mws de potencia eléctrica que incluirá a segunda fase do proxecto, cunha inversión asociada de 155 millóns de euros, namentres que a terceira fase do complexo: unha planta de papel tisue suporá 75 millóns de euros máis de inversión.

O complexo de Ence quedará situado no parque de carbóns de Saa, nunha parcela de 460.000 m², propiedade de Endesa, e implicará unha inversión total de 355 millóns de euros, cunha xeración de emprego directo e indirecto dunhas 1.200 persoas.

Por outra banda, Antonio Casal apuntou que a compañía contará para posta en marcha deste proxecto con provedores locais e tamén con man de obra local, avanzando que está previsto a execución dun plan de formación que permita a contratación de persoal das Pontes.

Colaboración de Concello e Empresarios

Tras dar resposta a varias preguntas dos asistentes e poñer punto e final a este acto, tanto concello das Pontes e coma a Asociación Seara prestaron, unha vez máis, toda a súa colaboración a Ence para dar vida a este proxecto, un respaldo que o propio Antonio Casal quixo agradecer xa que, segundo explicou, dende que esta iniciativa deu os seus primeiros pasos o Concello das Pontes e todos os axentes locais estiveron aí, facendo que se sentisen coma na súa propia casa, coma uns veciños máis.