As Pontes contará este domingo coa cuarta Quedada Lanera

TerraChaXa

Despois do éxito das anteriores sesións, o 12 de maio organízase a cuarta Quedada Lanera, que consistirá en reunir aos afeccionados da tecedura.

quedada lanera dos portada
quedada lanera dos portada
10 may 2024

Despois do éxito das anteriores sesións, o 12 de maio organízase a cuarta Quedada Lanera, que consistirá en reunir aos afeccionados da tecedura.

Esta sesión terá lugar no local social da asociación de veciños de Espiñaredo, a partir das 16.00 horas . Trátase dunha reunión para falar dos proxectos en marcha e de tecer en compañía. Cambian de local en cada quedada de novo xa que a intención é achegarse aos distintos barrios.

Esta actividade ten un prezo de 2 euros para tomar uns cafés e os interesados poden apuntarse no 658 961 505.

Está organizada por Puntadas con Agarimo, un novo club que xorde precisamente para organizar ás afeccionadas ao punto. O núcleo do colectivo son cinca afeccionadas que levan anos participando en eventos deste tipo e que agora queren tamén reunir ás afeccionadas nas Pontes.