O escritor friolés Jordi Cicely presenta nas Pontes 'Mariela envenena mis sueños'

TerraChaXa

Este xoves 9 de maio a partir das 20:00 horas visitará na Biblioteca pontesa o escritor friolense Jordi Cicely presentando a súa exitosa primeira novela Mariela envenena mis sueños.

preseentacion libro mariela envenena mis suenos as pontes portada
preseentacion libro mariela envenena mis suenos as pontes portada
8 may 2024

Este xoves 9 de maio a partir das 20:00 horas visitará na Biblioteca pontesa o escritor friolense Jordi Cicely presentando a súa exitosa primeira novela Mariela envenena mis sueños.

Mariela envenena mis sueños é un dos grandes éxitos literarios nestes dous últimos anos en Galicia, a temática que trata e a forma de facelo, foi un dos puntais do seu éxito, así como a forma narrativa de prosa espontánea que bebe do estilo de Jack Kerouac e a Beat Generation norteamericana.

Mariela envenena mis sueños.conta a historia de Jairo, un novo escritor que decide emprender unha viaxe a Cuba para esquecerse da súa ex parella, unha moza uruguaia chamada Mariela e que lle deixou causándolle un duelo que doe e dura demasiado. Temas como o apego, a idealización, a ansiedade ou o desamor desde a perspectiva dun home, foron tratados nesta historia dunha maneira directa e dura.