Convocada unha masterclass de percusión latina nas Pontes

TerraChaXa
A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha masterclass de saxofón a cargo de Marcos Mariño.
masterclass de percusion latina
masterclass de percusion latina
9 may 2024

A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha nova masterclass, nesta ocasión de percusión latina a cargo de Álvaro Prieto Piñeiro. A sesión desenvolverase o día 11 de maio, sábado, nas instalacións da escola (rúa Monte Caxado, 8) de 10.00 a 13.30 horas.

Hai que anotarse a través do profesor do instrumento da escola, por unha mensaxe de Messenger (www.facebook.com/banda.aspontes) ou chamando ao número de teléfono 610 505 116.

O prezo será de 15 euros para clase colectiva.