Rábade organiza un concurso de marcapáxinas

TerraChaXa | LugoXa

O Concello de Rábade organiza un concurso de marcapáxinas dedicado a autora deste ano das Letras Galegas, Luísa Villalta.

concurso de marcapaxinas rabade portada
concurso de marcapaxinas rabade portada
9 may 2024

O Concello de Rábade organiza un concurso de marcapáxinas dedicado a autora deste ano das Letras Galegas, Luísa Villalta.

Establécense catro categorías comezando polo grupo de 6 a 8 anos, de 9 a 11, de 12 a 14 e a partir de 15 anos.

O requisito é que o marcapáxinas inclúa unha cita dun escritor ou escritora galega co seu nome e as obras teñen que ser orixinais.

Os traballos poderanse entregar no CEIP Otero Pedrayo, no IES Río Miño ou no Concello antes do 24 de maio. Haberá tres premios por categoría e o gañador recibirá un diploma e un agasallo.