Organizan unha charla sobre a avespa velutina en Órrea

TerraChaXa | AMariñaXa

A escola da Órrea acolle este sábado, 11 de maio, ás 17.

nino vespavelutina
nino vespavelutina
10 may 2024

A escola da Órrea acolle este sábado, 11 de maio, ás 17.00 horas, unha charla informativa sobre a avespa asiática ou velutina.

A sesión estará a cargo de Aitziber Escobal Fernández, que falará da ameaza que supón esta vespa para as abellas e de distintas estratexias de control, que son imprescindibles nesta época do ano.

A charla está organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.