Abre en Vilalba unha exposición sobre o traballo gráfico de Castelao

TerraChaXa

A sala Ramón Guntín da casa da cultura de Vilalba acolleu a presentación da exposición Castelao Grafista promovida pola Fundación Galicia Obra Social (AFundación) e a corporación bancaria Abanca, en colaboración co Concello de Vilalba.

presentacion castelao vilalba
presentacion castelao vilalba
1 may 2024

A sala Ramón Guntín da casa da cultura de Vilalba acolleu a presentación da exposición Castelao Grafista promovida pola Fundación Galicia Obra Social (AFundación) e a corporación bancaria Abanca, en colaboración co Concello de Vilalba.

Durante o acto, que contou coa presenza da alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, así como de Óscar Rodríguez, en representación de Abanca e Beatriz Fernández, en representación de Afundación, as tres entidades abordaron a importancia de traer este tipo de exposicións ata a capital chairega, co obxectivo de achegar a cultura ao rural e levar máis aló das cidades este tipo de exhibicións.

"É unha exposición moi interesante, entretida e que reflicte o carácter de Rodríguez Castelao, unha figura cunha traxectoria impresionante que merece ser coñecida e recoñecida por todos nós" sinalou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, en referencia á exposición Castelao Grafista que permanecerá na sala Ramón Guntín da Casa da Cultura vilalbesa ata o vindeiro sábado 25 de maio, cando continuará o seu percorrido por terras lucenses.

En concreto, trátase dunha exhibición das múltiples facetas do caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico e político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co obxectivo de dar difusión á súa obra e divulgar o seu pensamento; que todas as persoas interesadas poderán visitar en horario de luns a venres de 11 a 13 e de 17.30 a 20 horas.