O Club de Loitas Olímpicas Vilalba Libre e Grecorromana acadou o primeiro posto por equipos en Libre Olímpica

TerraChaXa

O Club de Loitas Olímpicas Vilalba Libre e Grecorromana acadou o primeiro posto por equipos na modalidade de libre olímpica nos campionatos galegos sénior que tiveron lugar onte no Pavillón do CGTD de Pontenvedra.

Club de Loitas Olímpicas Vilalba Libre e Grecorromana
Club de Loitas Olímpicas Vilalba Libre e Grecorromana
6 may 2024

O Club de Loitas Olímpicas Vilalba Libre e Grecorromana acadou o primeiro posto por equipos na modalidade de libre olímpica nos campionatos galegos sénior que tiveron lugar onte no Pavillón do CGTD de Pontenvedra.

Ramón Monasterio, en menos de 97 kg, e Catriel Pehuén, en menos de 125 kg, acadaron o ouro, dominando nas súas categorías; mentres que Xiao Seoane, en menos de 65 kg; Kevin Cuba, en menos de 97 kg; e Carlos Yobani, en menos de 74 kg, gañaron as pratas nas súas categorías.

Carlos competiu despois de 4 anos de parón e, con só dúas semanas de preparación, "demostrou que mantiña a superioridade na súa categoría", explicaron desde o club.

Varios destes loitadores representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España e, pola súa parte, José Cuba non puido viaxar a Pontevedra por reservarse para o Clasificatorio de Turquía, onde viaxará esta semana en busca da praza olímpica.

Na clasificación xeral, que puntúa as participacións conxutas de Libre Olímpica, Grecorromana e Libre Feminina, o club acadou un meritorio 3⁰ posto, tendo en conta que só participaron na modalidade de Libre Olímpica.