Beatriz Maceda imparte en Vilalba unha conferencia sobre Luísa Villalta

TerraChaXa

O venres 10 de maio, ás 20:00 horas na casa da cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, co gallo das Letras Galegas 2024, organiza a conferencia Luísa Villalta, a palabra precisa, que será impartida por Beatriz Maceda Abeleira, mestra e escritora.

conferencia iescha luisa villalta portada
conferencia iescha luisa villalta portada
7 may 2024

O venres 10 de maio, ás 20:00 horas na casa da cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, co gallo das Letras Galegas 2024, organiza a conferencia Luísa Villalta, a palabra precisa, que será impartida por Beatriz Maceda Abeleira, mestra e escritora. No acto intervirá tamén a poeta vilalbesa Pilar Maseda, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Beatriz Maceda Abeleira, naceu na Coruña en 1963. Aos cinco anos vai vivir a Vilalba. Estuda na Escola Universitaria de Maxisterio, Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realiza estudos de Posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. No ano 1995 casa e volve vivir na Coruña. Leva exercendo o ensino desde hai 15 anos, e tamén imparte cursos e realiza traballos sobre Ensino Global. En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.