Remata a rexeneración do firme dunha travesía entre avenida Terra Chá e rúa Mondoñedo

TerraChaXa

A Concellería de Infraestruturas Urbanas e a Alcaldía de Vilalba anunciaron na mañá de hoxe a finalización das actuacións relativas á rexeneración do firme dunha das travesías que une a Rúa Mondoñedo coa Avenida da Terra Chá, financiada a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.

vilalba obras travesia
vilalba obras travesia
8 may 2024

A Concellería de Infraestruturas Urbanas e a Alcaldía de Vilalba anunciaron na mañá de hoxe a finalización das actuacións relativas á rexeneración do firme dunha das travesías que une a Rúa Mondoñedo coa Avenida da Terra Chá, financiada a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.

Unha vez levados a cabo os traballos de limpeza e acondicionamento da vía, a maquinaria procedeu ao asfaltado en quente do firme da rúa, quedando esta totalmente rexenerada e cunha nova capa de rodaxe.

Nesta liña, co obxectivo de completar as actuacións sobre a travesía, nas vindeiras datas levaranse a cabo os traballos de pintado e sinalización da rúa, de tal forma que os usuarios e usuarias da mesma conten cunhas condicións de seguridade e comodidade óptimas.

"Trátase dunha actuación que considerabamos necesaria debido ao estado de deterioro no que se atopaba o firme desta travesía" sinalou a alcaldesa Marta Rouco, á vez que adiantou que "nas vindeiras datas levarase a cabo a repavimentación da Rúa Conde Pallares, tamén incluída no Plan Deputación".

OUTRAS ACTUACIÓNS

Tamén no ámbito das Infraestruturas, os dous equipos móbiles da Deputación de Lugo continúan traballando nas vías do rural nas que se está levando a cabo tanto a limpeza e apertura de cunetas como a rexeneración do firme e a súa reposición puntual. Así pois, está previsto que esta mesma semana a maquinaria remate as actuacións nas parroquias de Ladra e Lanzós para poder continuar as súas labores noutras parroquias do Concello de Vilalba.