Abre o domingo o programa de primavera de Emprazadas

TerraChaXa

O tenente de alcalde Modesto Renda e as concelleiras de Cultura e Turismo, Tamara Rodriguez e M.

emprazadas concertos de musica
emprazadas concertos de musica
9 may 2024

O tenente de alcalde Modesto Renda e as concelleiras de Cultura e Turismo, Tamara Rodriguez e M. Xosé Fernández, presentaron a programación de primavera e verán da iniciativa Emprazadas.

"Unha decidida e ambiciosa aposta cultural para o Centro Histórico, que naceu complementaria do Plan de Posta en Valor da Praza de Santa María", explicaron.

En total, serán cinco espectáculos e concertos de grupos e solistas galegos que mostrarán a súa arte con propostas gratuítas e para todos os públicos que se celebrarán en sábado e domingo entre os días 12 de maio e 3 de agosto.

Para a Concelleira de Cultura, Tamara Rodríguez, a iniciativa parte dunha “total aposta municipal pola zona vella” que pretende recuperar a Praza de Santa María como o “epicentro da vida cultural e social” en beneficio dos veciños/as, así como de comerciantes e hostaleiros do centro histórico.

O cartel comezará a desenvolverse este domingo, 12 de maio, con Isaura e Tristán Contrahistoias. A continuación haberá tres concertos, de Silvia Penide, o 29 de xuño, de Tiam Gz o 6 de xullo e rematarán con Catuxa Salom o 3 de agosto.

Ademais, o Mago Rafa actuará o 20 de xullo.