GaliciaXa
Unha degustación de tenreira e leite marcou a xornada de protesta dos gandeiros da provincia en Lugo
Ao longo da tarde os tractores percorreron diversas rúas da cidade e estradas da contorna, o que provocou importantes retencións de tráfico en varios puntos
A sede da Xunta en Lugo acollerá en setembro o Día do adestrador e da adestradora
A Real Federación Galega de Fútbol prepara unha nova edición dun encontro que volverá reunir a profesionais do fútbol formativo e federativo
GaliciaXa
A CIG denuncia que os fondos europeos son unha “coartada” para ocultar o desmantelamento industrial de Galiza
A central sindical critica o uso do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización como parche ante a falta dunha política industrial propia e alerta dunha emerxencia estrutural no emprego industrial galego.
GaliciaXa
Fillas de Cassandra publicará este ano ‘Tertúlia’, o seu segundo disco
O dúo vigués Fillas de Cassandra anunciou o lanzamento do seu segundo LP, ‘Tertúlia’, que verá a luz na primavera de 2026 e do que o primeiro sinxelo se estreará o 30 de xaneiro.
GaliciaXa
A onda da gripe continúa á baixa, tanto en intensidade como en tendencia
Na última semana as taxas de dispensa de antigripais e de probas de antíxenos descenderon un 5,6 % e un 32,3 %, respectivamente
GaliciaXa
Iago Lestegás presenta o novo modelo urbano para o Ensanche e avanza un proxecto piloto en Santiago de Chile
O Concello de Santiago inicia un proceso para transformar o Ensanche e gañar espazo público para as persoas, cun proxecto piloto na rúa Santiago de Chile e outro para a Praza de Vigo.
A reunión dos gandeiros concentrados en Lugo coa conselleira de Medio Rural remata sen acordo
Continuarán durante a xornada de mañá coas concentracións, incluíndo una andaina desde a Xunta ata a Subdelegación
GaliciaXa
Movemento Sumar Galicia asegura que Galicia recibiría sete veces máis investimento co novo Fondo de Compensación Interterritorial
Movemento Sumar Galicia defende a reforma do sistema de financiamento autonómico proposta polo Goberno de coalición, que permitiría a Galicia multiplicar por sete os recursos do Fondo de Compensación Interterritorial e avanzar cara a unha maior xustiza territorial.
GaliciaXa
Besteiro cualifica de “burla dramática” para Galicia que Rueda non teña alternativa ao modelo de financiamento
O secretario xeral do PSdeG critica que o presidente da Xunta rexeite unha proposta que achegaría 587 millóns de euros a Galicia e lle esixe sentarse a negociar co Estado e co resto das comunidades autónomas.
GaliciaXa
A Xustiza obriga ao Concello de Pontevedra a pagar a un policía local as vacacións non desfrutadas por baixa médica
Un xulgado de Pontevedra estima integramente o recurso dun axente xubilado tras 39 anos de servizo e recoñece o seu dereito a cobrar as vacacións non gozadas en 2024 por estar de baixa médica.
Gandeiros queiman rolos de palla en protesta polo acordo con Mercosur
Tamén se incrementou o número de tractores estacionados na Rolda da Muralla, ocupando boa parte do carril máis próximo ao monumento
GaliciaXa
O PSdeG esixe a Rueda que faga público o acordo secreto con Altri e aclare se haberá indemnización con cartos públicos
A portavoz socialista Patricia Iglesias reclama transparencia á Xunta e pide que se rexeite o proxecto da macrocelulosa en Palas de Rei sen ningún tipo de compensación económica á empresa.
GaliciaXa
Preto de 20.000 persoas xa participan no ensaio clínico SINCIGAL sobre a vacina fronte ao virus respiratorio sincitial
A Xunta facilita esta fin de semana a incorporación ao estudo SINCIGAL sen cita previa nos 14 hospitais do Sergas, co obxectivo de avaliar se a vacinación en adultos reduce os ingresos hospitalarios por VRS.
Os tractores continúan como protesta contra Mercosur na ronda da Muralla de Lugo
Os sindicatos convocantes non descartan incrementar a protesta se non existe algún tipo compromiso por parte das autoridades
GaliciaXa
O Concello inicia a Reconquista 2026 coa convocatoria para instalar postos no mercado ambulante
O Concello de Vigo mantén aberto ata o 23 de xaneiro o prazo para solicitar a instalación de postos de venda ambulante durante a Festa da Reconquista, que se celebrará do 27 ao 29 de marzo.
GaliciaXa
Besteiro avisa de que o PSdeG defenderá aos concellos “por todas as vías” se a Xunta non garante o seu financiamento
O líder do PSdeG alerta de que os concellos están asumindo máis de 700 millóns de euros anuais por competencias impropias e non descarta accións xudiciais se a Xunta mantén o seu “abandono institucional”.
GaliciaXa
A Xunta aproba o Plan integral de benestar dixital, con un Contrato de vida en liña para fomentar a responsabilidade do alumnado
O Consello da Xunta valida unha folla de ruta con arredor de 50 medidas e un orzamento de 7,4 millóns de euros ata 2030 para promover un uso responsable da tecnoloxía no ámbito educativo.
A Xunta respalda a candidatura de Lugo para acoller a sede da Axencia estatal de saúde pública
O Goberno galego ofrece colaboración total e propón como alternativa un edificio xa operativo no interior da muralla
Os Premios Feroz incorporan o ciclo ‘Unha cuestión de perspectiva’ sobre as mulleres no cinema galego
O ciclo, coordinado por Paula Cabaleiro, celebrarase os días 9 e 16 de xaneiro no Teatro Principal de Pontevedra con proxeccións, mesas de debate e unha performance arredor da perspectiva feminista no audiovisual galego
GaliciaXa
A Xunta investirá 3,4 millóns de euros no control e seguimento de 127 depuradoras
O contrato, impulsado por Augas de Galicia, permitirá reforzar a supervisión das EDAR de titularidade municipal e mellorar a calidade das augas en toda a comunidade
GaliciaXa
Besteiro sitúa o feminismo e o municipalismo como eixos dunha alternativa progresista en Galicia
O PSdeG critica a asfixia financeira da Xunta aos gobernos locais, defende unha fiscalidade xusta e chama á unidade fronte a un PP que vincula co avance da extrema dereita
GaliciaXa
Ana Pontón: “O BNG é a forza que defende Galicia ante o Estado”
A portavoz nacional destaca a negociación firme do BNG en Madrid fronte á confrontación “estéril” do PP e reivindica os avances logrados para Galiza nas Cortes do Estado
GaliciaXa
María Vázquez: “Poñer en valor o propio non debería ser unha elección, senón unha obriga”
A actriz María Vázquez recibiu o XXIII Premio Ramón Piñeiro Facer País concedido pola Asociación Cultural Val de Láncara por reivindicar a cultura galega na súa profesión e na súa vida
Xoán Fórneas: “A miña carreira como actor dá credibilidade, pero eu era músico antes de actor”
Xoán Fórneas, actor de Lugo recoñecido polos seus papeis en películas e series, vén de sacar o seu primeiro sinxelo, ‘Ferido’, co que amplía a súa traxectoria




