GaliciaXa
GaliciaXa
O lume avanza sen control pola provincia de Ourense e xa hai máis de 59.000 hectáreas calcinadas
Na tarde de onte, as altas temperaturas e o forte vento fixeron que focos como o do Ribeiro comezara a expandirse sen control
GaliciaXa
Pontón reclama máis medios, coordinación e un fondo urxente de 200 millóns fronte á vaga de incendios
Ana Pontón alerta da situación de emerxencia en Ourense e pide mobilizar todos os recursos, ademais dun fondo extraordinario para a recuperación social e ambiental das zonas afectadas polos lumes.
Sánchez propón en Ourense un Pacto de Estado fronte á Emerxencia Climática
O presidente do Goberno atribuíu a intensidade dos incendios ao cambio climático durante unha visita ao CECOP onde tamén estivo presente Alfonso Rueda, que reclamou a incorporación inmediata do Exército ao dispositivo de loita contra os incendios en Galicia
GaliciaXa
O programa +Bosques ofrece esta fin de semana rutas por Cabo Udra e a Illa de Tambo
A Deputación de Pontevedra continúa esta fin de semana co programa +Bosques, con percorridos por Cabo Udra e a Illa de Tambo, todas as prazas esgotadas para agosto e novas datas abertas desde o 25 de agosto.
GaliciaXa
O Goberno municipal investirá 3,7 millóns nas Escolas de Música, Danza e Música Folk
O Concello de Vigo destina 3,7 millóns de euros á xestión das escolas municipais de Música, Danza e Música Folk e Tradicional para os próximos catro anos, beneficiando a 1.200 alumnos cada curso.
GaliciaXa
A Xunta anuncia un paquete de axudas urxentes para os afectados polos incendios
O presidente da Xunta comunicou que os técnicos do Centro de Coordinación Provincial de loita contra incendios de Ourense analizaron as necesidades que el mesmo trasladou ao presidente do Goberno, co desexo de que se fagan efectivas “canto antes”
Un incendio forestal no polígono do Ceao mobiliza aos bombeiros de Lugo
O lume declarouse na tarde deste sábado e contou cun operativo con dous camións de extinción
A Deputación de Lugo mobiliza efectivos de bombeiros para apoiar na vaga de incendios de Ourense
José Tomé destaca a colaboración co Cecopi e envía unha mensaxe de solidariedade á veciñanza afectada
Con 16.000 hectáreas calcinadas, o incendio de Chandrexa de Queixa é xa o máis grande da historia de Galicia desde que hai rexistros
O lume avanza sen control e afecta tamén aos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza
GaliciaXa
Vigo contará cun dron subacuático para reforzar o salvamento no litoral
O Concello de Vigo incorpora un dron subacuático para mellorar a seguridade e o salvamento nos 7 km de litoral de praia, cunha pinza robot para rescate. Caballero confirma que todos os elementos do Vigo Vertical funcionan a pleno rendemento.
GaliciaXa
Seis incendios activos en Ourense superan as 22.500 hectáreas queimadas
Medio Rural informa da situación dos incendios forestais en Galicia, con datos das 14.00 h: seis lumes activos en Ourense que superan as 22.500 hectáreas afectadas, varios estabilizados e controlados, e confinamentos en Oímbra e Monterrei.
GaliciaXa
O segredo da eterna xuventude, cada vez máis preto?
O proxecto RENACE busca os biomarcadores asociados ao envellecemento saudable nas persoas centenarias para avanzar na mellora da calidade de vida nas etapas máis avanzadas da existencia, especialmente superados os oitenta anos
O lume de Chandrexa de Queixa arrasa 10.500 hectáreas e convértese no segundo maior da historia de Galicia
Os focos de Parafita e Requeixo xuntáronse este xoves, ao igual que os focos activos en Maceda, arrasando entre ambos máis de 13.000 hectáreas do Macizo Central ourensán
O lume calcina xa máis de 21.000 hectáreas na provincia de Ourense
O incendio en Chandrexa de Queixa, o máis grande ata o momento, suma 9.500 hectáreas queimadas
GaliciaXa
O BNG pide unha reflexión de país para avanzar cara un modelo forestal e un rural vivo que freen os lumes
O BNG chama a facer unha reflexión conxunta para cambiar o modelo forestal, revitalizar o rural e apostar pola prevención como eixo central na loita contra os incendios.
GaliciaXa
A CIG denuncia a política forestal da Xunta e a precariedade no servizo de incendios
A CIG-Administración critica a ausencia de prevención e a xestión “improvisada” do operativo contra lumes, alertando do aumento do risco e das condicións precarias do persoal.
GaliciaXa
Rueda alerta dunha situación “moi complicada” polo aumento de lumes en agosto
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou que este mes se están extinguindo uns 30 lumes diarios, con 250 máis que no mesmo período de 2024, e fixo un chamamento á prudencia ante as altas temperaturas previstas.
O incendio de Chandrexa de Queixa obriga a evacuar a Estación de Montaña de Manzaneda
O lume iniciado en Parafita queima xa 500 hectáreas que se suman ás 4.500 do foco de Requeixo, o que obrigou a evacuar aos nenos e nenas do campamento de verán de Manzaneda e afecta tamén á Pobra de Trives
GaliciaXa
O PSdeG urxe a Rueda a frear a “chantaxe” á veciñanza de Xuxán
O PSdeG insta a Rueda a intervir de inmediato para frear a “chantaxe” á que a xestora de Xuxán somete a 224 familias e garantir os prezos sociais das vivendas, ante o risco de perder máis de 10 millóns en fondos europeos.
GaliciaXa
Ourense continúa en situación 2 con varios incendios activos en Galicia
Medio Rural informa da situación dos incendios forestais en Galicia, con datos ata as 20.00 h deste martes. A provincia de Ourense permanece en situación 2, o que permite máis medios e recursos para loitar contra o lume.
Mantense a Situación 2 por incendios en toda a provincia de Ourense con especial preocupación en Chandrexa de Queixa e Maceda
As lapas calcinan xa 5.000 hectáreas en Chandrexa de Queixa, con dous focos activos e descontrolados
GaliciaXa
Santiago presenta as marcas ‘Compostela é Memoria’ e ‘As mil marías’ para actividades de Memoria Histórica
A concelleira Míriam Louzao presentou as novas marcas institucionais, deseñadas por Thais Suárez, para identificar as actividades de Memoria Histórica, incluíndo un lema específico para as mulleres.
GaliciaXa
BNG alerta da inviabilidade da concesión de auga a Altri polo baixo nivel de Portodemouros e a seca
Luís Bará advirte que a autorización de Augas de Galicia para a macrocelulosa na Ulloa suporía un atentado aos intereses do país e denuncia unha “operación de borrado de probas” na Sociedade Impulsa.
GaliciaXa
O PSdeG esixe melloras urxentes no SAF e denuncia 16 anos sen Plan Estratéxico de Servizos Sociais
O PSdeG presenta no Parlamento iniciativas para mellorar a seguridade e condicións laborais no Servizo de Axuda no Fogar, reclamando cambios normativos e a creación dun Observatorio do Sistema de Dependencia.




