GaliciaXa
Lugo e Ferrol celebran vinte e cinco anos de irmandamento
Miguel Fernández e José Manuel Rey Varela subliñaron a importancia da cooperación entre ambas cidades e a súa aposta por cidades sostibles, accesibles e con futuro compartido
O PP critica a Pedro Sánchez por afirmar que a A-54 está operativa e acusa o Goberno de incumprir prazos
Elena Candia reclama desculpas aos lucenses e pide ao PSOE e ao BNG que se sumen á reivindicación para que o Ministerio rectifique
GaliciaXa
A alcaldesa recibe ao Monbus Obradoiro CAB antes do inicio da tempada
Goretti Sanmartín deu a benvida ao equipo de baloncesto compostelán na praza do Obradoiro, nun encontro previo á celebración do I Torneo Internacional Concello de Santiago.
A alcaldesa de Burela representará á vila na recepción do Día da Festa Nacional en Madrid
Carmela López asistirá este domingo ao acto de Estado no Palacio Real a convite de S. M. o Rei e do xefe da Casa Real, converténdose nunha das representantes galegas nun dos eventos máis importantes do ano
GaliciaXa
O Grupo Socialista alerta de que a desastrosa xestión da Xunta está a xerar unha “bola de neve” de esperas na sanidade pública
Elena Espinosa reclama un Plan de choque urxente para frear unhas listas de espera “indecentes” que seguen a medrar e poñen en risco o sistema sanitario galego.
GaliciaXa
Paloma Castro alerta de que “os bancos marisqueiros colapsan e o sector agoniza” e esixe axudas directas á Xunta
A deputada socialista Paloma Castro denuncia que a Xunta “goberna de costas ao mar” mentres o sector marisqueiro agoniza e non recibe axudas propias polo peche dos bancos da ría de Arousa.
GaliciaXa
Nacen os Premios da Industria Musical de Galicia para recoñecer o talento e a sustentabilidade do sector
A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) impulsa os primeiros Premios da Industria Musical de Galicia, que nacen para recoñecer a creatividade, a innovación e a sustentabilidade do sector. A gala celebrarase o 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago.
GaliciaXa
Anabel Gulías: Pontevedra volve ser o “epicentro do comercio electrónico galego” grazas aos E-commerce Days
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, destacou o crecemento “exponencial” dos E-commerce Days, que dotan ás empresas galegas de ferramentas dixitais e consolidan Pontevedra como referente do sector.
GaliciaXa
SiSONS 2025 encherá Santiago de música, cultura e creatividade este outubro
O encontro cultural e musical de referencia en Compostela celebra a súa quinta edición do 15 ao 18 de outubro con actuacións, charlas e actividades profesionais en espazos emblemáticos da cidade.
O Festival Internacional de Teatro de Ourense volverá situar a cidade no epicentro das artes escénicas
FITO 2025 contará con 24 funcións de 19 compañías entre o 16 e o 26 de outubro
GaliciaXa
Ana Miranda: “Estamos diciendo en las calles de toda Europa que nos da vergüenza la posición de la UE sobre el genocidio en Gaza y la Flotilla”
A eurodeputada do BNG reclamou no Parlamento Europeo a ruptura de relacións diplomáticas e comerciais con Israel e o embargo de armas, denunciando a “complicidade” da Unión Europea co xenocidio en Gaza.
GaliciaXa
Besteiro reclama atención para unha Ferrolterra esquecida por Rueda: “Precisamos máis sanidade e mellor conexión entre concellos”
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou en Ferrol a falta de investimento e planificación da Xunta na comarca de Ferrolterra e defendeu a necesidade de reforzar a sanidade pública e mellorar as conexións entre concellos.
GaliciaXa
A Xunta destina preto de 4 millóns de euros á dixitalización, modernización e sustentabilidade de 730 comercios locais e artesáns
A Xunta de Galicia apoiou este ano a preto de 730 comercios minoristas e talleres artesáns cun investimento de case 4 millóns de euros para fomentar a dixitalización, modernización e sustentabilidade do comercio de proximidade.
GaliciaXa
Máis de 80.000 persoas maniféstanse en Compostela contra o xenocidio e a ocupación de Palestina
Máis de 80.000 persoas tomaron este domingo as rúas de Santiago de Compostela para rexeitar o xenocidio e a ocupación de Palestina nunha das maiores manifestacións de solidariedade celebradas no país.
GaliciaXa
Nace Benseguro: un proxecto pioneiro para loitar contra a sinistralidade na construción en Galicia
A Xunta e a Fundación Laboral da Construción poñen en marcha Benseguro, un servizo técnico pioneiro para reducir a sinistralidade laboral e mellorar a seguridade no sector en Galicia.
GaliciaXa
A Xunta pon en valor os proxectos estratéxicos autonómicos como instrumentos para ordenar o territorio, impulsar vivenda protexida e a economía
A Xunta defende en Estepona os proxectos estratéxicos como ferramentas para ordenar o territorio, crear 25.000 vivendas protexidas e atraer investimento industrial en Galicia.
GaliciaXa
Os encoros da Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil están a máis de 67 % de capacidade
A pesar de que a precipitación anual foi inferior á media, o volume actual a fin de ano hidrolóxico representa o valor máis elevado da serie histórica
GaliciaXa
O XXV Congreso de xogadores de azar reúne a expertos, afectados e familias en Vigo
O XXV Congreso FEJAR reúne en Vigo máis de 300 persoas para analizar a adicción ao xogo e outras condutas aditivas, con especial atención á prevención e á soidade das persoas afectadas.
GaliciaXa
Ana Miranda defende en Bruxelas máis recursos europeos para a vivenda e menos para a escalada armamentística
Ana Miranda reclama en Bruxelas máis fondos europeos para vivenda e lembra que o 73,6 % da mocidade galega non pode acceder a un aluguer polo seu elevado prezo.
GaliciaXa
Xosé Miranda gaña o XXIII Premio de Poesía Afundación, co que colabora a Xunta
Xosé Miranda gaña co poemario As torres abolidas o XXIII Premio de Poesía Afundación, un certame que recoñece a creación poética en galego e está dotado con 7.000 euros.
GaliciaXa
O Certame de Teatro 2025 ofrece oito representacións de grupos afeccionados en Vigo
O Certame de Teatro 2025 levará oito espectáculos a centros culturais de Vigo, con entrada libre, protagonizados por máis de 100 actores e actrices afeccionados da cidade.
GaliciaXa
Besteiro reforzará con Illa en Barcelona a colaboración entre o PSdeG e o PSC
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, viaxa a Barcelona para reunirse con Salvador Illa e reforzar o grupo de traballo entre socialistas galegos e cataláns. Ademais, desenvolverá unha ampla axenda de contactos e dará o pregón do San Froilán en Nou Barris.
GaliciaXa
En marcha a campaña “Eu Ensino en Galego” para reverter os efectos de 15 anos de políticas lingüicidas
A CIG-Ensino presenta a campaña “Eu Ensino en Galego” para implicar ao profesorado na defensa activa da lingua e combater os efectos do Decreto de Plurilingüismo, que consideran responsábel da perda de galegofalantes entre a mocidade.





