GaliciaXa
GaliciaXa
Longueira esíxelle á Xunta garantir a continuidade dos proxectos de investigación no novo CHUAC durante as obras
A deputada socialista alerta de que os orzamentos só inclúen 37,5 M€ dos 105 previstos e reclama espazos fixos para manter a innovación sanitaria mentres se prolongan as obras máis alá de 2030.
GaliciaXa
A Xunta convoca a xornada “Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais” o 12 de xuño
En colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico, a AGASP acollerá en xornada de sete horas a formación e debate para policías, xueces e aduaneiros sobre o uso de criptoactivos no branqueo de cartos do narcotráfico.
GaliciaXa
A Xunta rexeita aclarar a presenza de Rueda no CECOPI durante o apagón
O Grupo Socialista esixe a hora de entrada e saída de Alfonso Rueda do centro de coordinación de emerxencias, á que a Xunta segue sen responder.
GaliciaXa
Educación non convocará o concurso de prazas de atención preferente para o vindeiro curso
A CIG-Ensino alerta de que a prórroga das prazas especiais sen concurso suporía un recorte de recursos para o alumnado con necesidades de apoio específico.
GaliciaXa
A Xunta abre o luns o prazo de solicitudes para un intercambio xuvenil con Xapón
15 mozos e mozas de 18 a 30 anos poderán participar do 7 ao 12 de setembro nunha estadía na Prefectura de Wakayama, irmanda co Camiño de Santiago.
GaliciaXa
Ana Pontón defende un concerto económico para que Galiza recade e decida sobre os seus cartos
A portavoz do BNG, Ana Pontón, propoñen un modelo similar ao de Euskadi e Navarra para que Galiza teña facenda propia, recade todos os impostos no seu territorio e invista conforme ás súas necesidades, apelando á ambición fronte ao “servilismo” de Rueda.
GaliciaXa
A Xunta destina case 21 M€ a subvencionar servizos e programas de inclusión social nos próximos dous anos
O DOG publica a orde plurianual 2025-2027 con 20,8 M€ para financiar centros de inclusión, comedores sociais, albergues e proxectos de inserción de inmigrantes, persoas en risco de exclusión e sen fogar.
GaliciaXa
Grupo Socialista propón unha gran Vía Verde Atlántica para unir Galicia con Asturias e Portugal
Paloma Castro presenta no Parlamento a proposta de crear un corredor peonil e ciclista que percorra toda Galicia, conectando coas redes europeas de infraestruturas verdes e a EuroVelo.
GaliciaXa
Deputación aumenta un 61 % as axudas ao audiovisual e crea apoio específico a documentais
Luis López presenta o programa Rías Baixas Acción 2025 cun orzamento de 170 000 €, inclúe liña pioneira de 70 000 € para documentais e ofrece até 25 000 € para longametraxes, 15 000 € para series e 3 500 € para curtametraxes.
GaliciaXa
Xunta e hoteleiros crean o primeiro mapa de servizos do Camiño Portugués da Costa en Vigo
Ana Ortiz e Xosé Merelles presentaron ás asociacións de aloxamento de Vigo o plano turístico que sinaliza o percorrido xacobeo pola cidade, incorpora puntos de interese e mostra a localización dos establecementos. A Xunta aportará máis de 1 M€ en programas de eficiencia e revalorización do Camiño.
GaliciaXa
Primeiro Campionato Galego de Lucha e Sambo na Praia reúne a 150 participantes en Silgar
Sanxenxo acolleu a histórica primeira edición do CTO. Galego de Lucha Praia e Sambo Praia na praia de Silgar, con preto de 150 atletas, un 35 % mulleres, e 115 combates disputados. O Club San Ignacio de Vigo e o Club Senín de Cambados proclamáronse campións por equipos nas respectivas modalidades.
Tras o éxito de Chayanne, o Coliseum acollerá a Myke Towers e Guitarricadelafuente
O recinto herculino será escenario das actuacións de dous artistas con estilos moi diferentes e de gran proxección
GaliciaXa
Pontevedra convértese no epicentro da banda deseñada coa terceira edición de Bdra Gráfica
A cidade acolle do 22 ao 25 de maio a nova edición do festival Bdra Gráfica cunha intensa programación que inclúe feira do cómic, charlas, obradoiros, cinema e exposicións. O autor de Corto Maltés, Rubén Pellejero, será homenaxeado este ano.
GaliciaXa
Os Centros Socioculturais ofertan 400 prazas gratuítas para actividades infantís no programa "Vive o Verán" en Santiago
O programa "Vive o Verán" desenvolverase durante o mes de xullo en 15 centros socioculturais de Santiago, con actividades lúdicas e educativas para crianzas nadas entre 2012 e 2020. A participación será de balde e o prazo de preinscrición estará aberto ata o 1 de xuño.
Elsa Pena logra a prata Sub23 no Europeo de Acuatlón en Navarra
A deportista do Club Cidade de Lugo Fluvial acadou a segunda posición na proba Sub23 do Campionato de Europa de Acuatlón, celebrado en Aritzaleku. Galicia sumou tamén outras tres medallas nos grupos de idade.
GaliciaXa
Suspéndense as actividades deportivas federadas na tarde deste domingo pola previsión de chuvia
En zonas da provincia de Lugo, así como no noroeste e interior da Coruña e nas comarcas do Miño, Sur, Montaña e Valdeorras en Ourense, a Xunta activou o aviso amarelo
GaliciaXa
O Concello de Pontevedra presenta unha programación diversa e colaborativa polo Ano Castelao
O Concello de Pontevedra, da man de máis de 15 entidades locais, impulsa unha ampla programación polo Ano Castelao con actividades entre maio e xaneiro. Faladoiros, roteiros, propostas infantís e unha imaxe renovada de Castelao protagonizan esta homenaxe cidadá.
GaliciaXa
A CIG convoca protestas tras a suspensión da negociación do convenio de elaborados do mar por parte da patronal
A CIG anuncia mobilizacións tras a decisión da patronal de suspender unilateralmente as negociacións do convenio estatal de elaborados do mar. Convoca unha concentración diante de Conxemar en Vigo o martes 20 de maio ás 11:00 horas.
GaliciaXa
Besteiro denuncia que Rueda responde á crise de saúde mental con pastillas e videoconsultas mentres deixa sen executar 50 millóns de euros
Besteiro acusa a Rueda de inacción ante a crise de saúde mental en Galicia, denunciando que a Xunta leva dous anos sen executar máis de 50 millóns de euros nesta área, cun sistema saturado, profesionais insuficientes e tempos de espera que superan os cinco meses.
GaliciaXa
CCOO alerta do auxe da ultradereita e esixe á Xunta políticas ambiciosas ante os retos sociais e económicos
CCOO de Galicia conclúe a primeira xornada do seu 13.º Congreso Nacional cun informe crítico sobre a falta de avances sociais e o auxe da ultradereita. O sindicato reclama á Xunta medidas valentes ante o reto demográfico, a precariedade e a defensa dos servizos públicos.
GaliciaXa
O Ciclo Mestre Mateo achega o mellor cinema galego a catro concellos da provincia
A Deputación de Pontevedra impulsa unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, que levará oito filmes finalistas dos premios a Marín, Mondariz, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa.
GaliciaXa
A Deputación inicia unha nova edición das rutas do románico con 335 prazas
Haberá 16 rutas ao seu paso por 18 concellos da provincia os días 30 e 31 de maio e o 1, 7 e 8 de xuño
GaliciaXa
O PSdeG denuncia que o PP converte os medios públicos en “publicidade e propaganda”
Silvia Longueira denuncia o nomeamento dunha persoa vencellada ao último Goberno de Fraga para dirixir a CRTVG e acusa ao PP de usar unilateralmente a TVG e a Radio Galega como ferramentas de propaganda.
GaliciaXa
O curso escolar 2025/26 comezará o 8 de setembro e rematará o 19 de xuño
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o calendario escolar do curso 2025/26, que comezará o 8 de setembro e rematará o 19 de xuño para todas as etapas educativas, agás os segundos cursos de FP, que rematarán o 15.




