GaliciaXa
GaliciaXa
Mondra lanza DE RONDA, un disco que explora os estados do corpo desde a sedución ata o amor propio
O novo álbum do cantareiro e bailador xa está dispoñible nas plataformas dixitais e presentarase esta fin de semana en dobre concerto na Sala Capitol.
Abegondo acolle a fundación da Asociación de Concellos Galegos Afectados pola AP-9
A entidade reclamará que a concesionaria asuma o pagamento íntegro do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
Luis Fonsi e Diego el Cigala completan o cartel do Son do Nordés 2025
As súas actuacións terán lugar no auditorio ao aire libre do parque de Santa Margarida durante o mes de xullo
GaliciaXa
Conxo celebra en maio o centenario da súa anexión a Compostela e unha nova edición da Festa do Banquete
O barrio de Conxo será protagonista do mes de maio coa conmemoración dos 100 anos da súa anexión a Santiago e coa VI edición da Festa do Banquete, do 23 ao 25, cun amplo programa de actividades.
GaliciaXa
O Correlingua reunirá a 1.800 estudantes en Vigo baixo o lema “A mocidade activa. Por unha lingua viva”
A 25ª edición do Correlingua celebrarase o 9 de maio cunha marcha pola cidade de Vigo, desde a Praza do Rei ata Castrelos, coa participación de 1.800 escolares e actuacións de Paco Nogueiras e Pauliña.
O Estado comprométese a rematar o paseo da ría e substituír a pasarela ao Castelo de Santa Cruz
Unha demanda reiterada por parte do Goberno local de Oleiros nos últimos meses
O PSOE denuncia a falta de compromiso do PP coa ampliación do porto de Lorbé en Oleiros
O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, expón falta de espazo e seguridade para os pescadores
GaliciaXa
Compostela xa ten cabeza de cartel para as festas “máis picheleiras”: Tanxugueiras actúan na Ascensión
O trío de cantareiras actuará o 29 de maio na Quintana dentro das festas “máis picheleiras”, nun dos últimos concertos da súa exitosa xira Midas.
GaliciaXa
BNG segue coa man tendida a favor do galego para derrogar o decreto da vergoña e consensuar un novo para o curso 25-26
Ana Pontón afirma que manter o decreto do PP sería “constatar que só buscan o monolingüismo en castelán” e reclama un cambio de rumbo para garantir o futuro do galego nas aulas.
GaliciaXa
Besteiro defende un PSdeG “centrado no que importa” fronte a quen “só mira para Madrid” e aos que levantan bandeiras soberanistas
O líder dos socialistas galegos pechou o Congreso Provincial do PSdeG en Pontevedra apostando por un proxecto centrado na maioría social e na recuperación da Deputación, fronte ás forzas que “só miran para Madrid” ou levantan “bandeiras soberanistas sen futuro”.
As xogadoras do equipo cadete do Club Baloncesto Culleredo son campioas galegas
Proclamáronse vencedoras nun partido fronte ao Celta Baloncesto e acadan o billete para o Campionato de España
GaliciaXa
O BNG defende no 1º de Maio “paz e dereitos” fronte ás políticas neoliberais e belicistas
O deputado Néstor Rego participou na mobilización da CIG polo Día da Clase Traballadora, reclamando emprego digno, servizos públicos e a redución da xornada laboral fronte ao aumento do gasto militar.
GaliciaXa
A Xunta apoia unha nova edición do Talent Show Megaestrelas como escaparate artístico de Vigo
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou a cuarta edición do Talent Show Megaestrelas, que celebra as audicións os días 3, 10 e 17 de maio no centro Vialia como plataforma para descubrir novos talentos locais.
Culleredo acolle o Campionato Estatal de Balonmán Xuvenil ata o 4 de maio
O Balonmán Culleredo será o anfitrión dunha cita que contará co BM Barakaldo, BM Logroño e Abanca Ademar León A
GaliciaXa
Curtocircuíto transfórmase en festival de verán e volve ás rúas de Santiago en xullo
A vixésimo segunda edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto celebrarase do 1 ao 6 de xullo cun novo modelo que aposta pola accesibilidade, a creación de comunidade e o cinema como acto colectivo.
CCOO carga contra a alcaldesa da Coruña polo seu apoio a unha nova universidade privada
A organización sindical cualificou a postura da rexedora de "incoherente" coa liña política do seu propio partido
Os socialistas da provincia reúnense en Foz reivindicando o avance dos dereitos sociais e laborais
Lara Méndez, César Mogo, Patricia Otero, Fran Cajoto, José Tomé e Iván Castro foron algúns dos cargos internos do partido que se sumaron á celebración
GaliciaXa
A EPA constata a caída da poboación activa en Galiza e o medre do número de persoas desempregadas
A Enquisa de Poboación Activa constata a perda de emprego e poboación activa en Galiza, mentres a CIG reclama a derrogación das reformas laborais e un marco lexislativo que garanta estabilidade e salarios dignos.
GaliciaXa
Besteiro centrará a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento no fracaso das políticas de emprego da Xunta
O PSdeG centrará a sesión de control do próximo Pleno na situación do emprego e da sanidade pública en Galicia, coa reclamación de Besteiro a Rueda para que asuma responsabilidades pola xestión do mercado laboral.
GaliciaXa
O Salón do Libro amosa a súa solidariedade con Palestina de cara á vindeira edición, que terá lugar do 6 ao 22 de marzo de 2026
A vindeira edición do Salón do Libro celebrarase do 6 ao 22 de marzo de 2026 con Palestina como cultura convidada e a música como fío condutor, nunha edición que reivindicará a solidariedade coa infancia refuxiada.
Ordes convértese no epicentro do hóckey sobre patíns co Sector Norte Júnior
O municipio acolle a fase previa do Campionato de España e reúne aos oito mellores equipos xuvenís de Galicia e Asturias
A Xunta declara a erradicación da flavescencia dourada da viña de utilidade pública
A maior parte das zonas afectadas por esta praga están nas provincias de Ourense e Pontevedra
GaliciaXa
Besteiro destaca a coordinación institucional e o traballo dos servizos públicos ante o apagamento, e salienta a exemplaridade da cidadanía
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, agradeceu o labor dos servizos públicos e puxo en valor a cooperación entre administracións e a resposta solidaria da cidadanía galega ante o apagamento xeral.
GaliciaXa
Álvaro Gómez logra a prata no Máster Nacional Sub-15 "Cidade de Montilla"
O xogador vigués de 11 anos, con raíces en Sober, acadou a medalla de prata en dobres mixtos no Máster Nacional Sub-15 de Montilla, consolidándose como unha das grandes promesas do bádminton galego.




