GaliciaXa
GaliciaXa
Rueda anuncia un programa para reducir o abandono escolar centrado en homes e poboación inmigrante
O plan Cualifica Talento prevé chegar a 2.000 persoas o próximo curso con equipos de orientación nas áreas urbanas.
GaliciaXa
A Deputación de Pontevedra logra a certificación no Esquema Nacional de Seguridade e sitúase entre as máis avanzadas de España
A institución convértese na segunda de Galicia e a sétima do Estado en obter esta acreditación en categoría media.
GaliciaXa
O PSdeG acusa á Xunta de afrontar o verán cun plan de incendios “caducado” e sen prevención suficiente
Carmen R. Dacosta critica que o Pladiga segue sen aprobar e advirte de que o propio borrador prevé máis hectáreas queimadas.
GaliciaXa
A Copa Deputación de Lugo xa ten os primeiros semifinalistas
Na feminina o Antas e o Milagrosa disputarán a gran final o 10 de maio, logo de pasar a fase de semifinal esta fin de semana
Ribadeo acolleu un torneo de minibasket con catorce clubs e 200 participantes
A cita deportiva reuniu durante dous días a xogadores e xogadoras en varias instalacións municipais, reforzando o impacto do deporte no turismo local
O documental '360 Curvas' proxectarase en Lugo este sábado
O filme, gañador dun Mestre Mateo, percorre a memoria, a emigración e a resistencia dunha comunidade a través das curvas que separan A Fonsagrada de Lugo
GaliciaXa
CCOO aposta pola participación social nos proxectos de enerxías renovables desde o inicio
Armando Iglesias defende implicar á cidadanía e colectivos afectados na planificación de parques eólicos para reducir conflitos.
A quinta edición do Campionato Galego de Billar Feminino celébrase no Corgo
O torneo desenvólvese do 3 ao 5 de abril en Santiago de Adai e incorpora por primeira vez a modalidade Bola-8
GaliciaXa
O BNG denuncia fallos na xestión das listas de substitución docente pola Xunta
Iria Taibo alerta de especialidades sen profesorado substituto e reclama melloras nas condicións do persoal interino.
GaliciaXa
O PSdeG acusa á Xunta de carecer dunha política audiovisual e limitarse a “administrar subvencións”
Silvia Longueira reclama máis investimento e unha estratexia a longo prazo para impulsar o sector audiovisual galego.
GaliciaXa
O BNG critica as medidas da Xunta pola guerra e acusa a Rueda de non apoiar os sectores máis afectados
Olalla Rodil cualifica de “vergoñento” o plan da Xunta e reclama axudas directas para a cidadanía e o sector primario.
GaliciaXa
O BNG pide reforzar os centros do ISM en Galicia con máis persoal e medios
Néstor Rego reclama cubrir vacantes e mellorar os recursos do Instituto Social da Mariña, advertindo que as unidades móbiles non poden substituír os centros actuais.
GaliciaXa
O PSdeG critica a xestión de Rueda antes do Debate da Autonomía polos datos en sanidade e vivenda
A viceportavoz Elena Espinosa acusa á Xunta de “deixadez e inoperancia” e sinala o aumento das listas de espera e das persoas á espera dunha vivenda.
GaliciaXa
CCOO acada un acordo no sector de menores con melloras salariais e avances na equiparación
CCOO destaca a creación dun complemento autonómico que supón un paso cara á equiparación de dereitos nun sector marcado pola precariedade.
GaliciaXa
Rueda anuncia un plan de 157 millóns para apoiar sectores e familias pola crise en Oriente Medio
A Xunta activa 20 medidas con 157 millóns de euros para facer fronte ao impacto da crise internacional, con apoio a empresas, sectores produtivos e fogares.
O novo nomenclátor de Galicia cambia o nome de tres concellos da provincia e engade novas parroquias
Os que cambian en Lugo son Alfoz de Castrodouro, A Ribeira de Piquín e Pastoriza e os que se engaden son Santo Estevo e Teixeira, en Baralla, e Sevane, en Navia de Suarna
GaliciaXa
Pontevedra licita a renovación do Mercado de Abastos cun investimento de máis de 500.000 euros
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación das obras de mellora da eficiencia enerxética do Mercado de Abastos, cun prazo de execución de dous meses e financiamento europeo.
GaliciaXa
O PSdeG considera insuficiente o plan de 23 millóns da Xunta para o marisqueo
A deputada Paloma Castro leva ao Parlamento as demandas das mariscadoras e reclama axudas directas e medidas urxentes para garantir o futuro do sector.
GaliciaXa
Rueda pide a colaboración do sector para alcanzar as 10.000 vivendas públicas en 2030
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apelou en Vigo á colaboración do sector inmobiliario para cumprir o obxectivo de 10.000 vivendas públicas en 2030 e destacou o “esforzo inédito” do Goberno galego.
GaliciaXa
A tempada de caza será do 18 de outubro ao 6 de xaneiro de 2027
Marisol Díaz salientou que, no marco das iniciativas postas en marcha para previr a peste porcina, proponse levar a cabo a coñecida como caza en man
GaliciaXa
O Galegote regresa a Pontevedra o 24 e 25 de abril cun cartel que reivindica a forza da música en galego
O festival Galegote volverá a Pontevedra os días 24 e 25 de abril cunha programación que reunirá artistas consagrados e emerxentes en diferentes locais e prazas da cidade. O cartel inclúe nomes como Eladio y los Seres Queridos, Kid Mount, Chicharrón, Portosanto ou Law.
GaliciaXa
Rueda destaca en Lalín o impulso ao turismo no rural e o crecemento dos campings en Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor en Lalín a aposta por diversificar o turismo e impulsar proxectos no rural, destacando o aumento de visitantes que elixen os campings.
GaliciaXa
Vigo celebrará o 14 de abril a XXVII Gran Gala do Deporte no Teatro Afundación
Vigo reunirá a 73 deportistas candidatos na XXVII Gran Gala do Deporte.
GaliciaXa
A CIG denuncia que o PLADIGA 2026 mantén conxelado o persoal e aumenta a externalización
A CIG critica que o PLADIGA 2026 non incorpora novo persoal público e afonda nun modelo baseado na externalización e na fragmentación do operativo contra incendios.



