El PSdeG acusa a la dirección de la TVG de desproteger la propiedad intelectual de los proyectos presentados

El Grupo Socialista denunció que la TVG carece de mecanismos para proteger la propiedad intelectual de los formatos que recibe, tras la demanda por presunto plagio presentada por el productor vasco Ibon Uzkudum contra el programa Vaia Troula
Silvia Longueira
1 Dec 2025

La portavoz del Grupo Socialista en la Comisión de Control de la CSAG —antigua CRTVG—, Silvia Longueira, acusó a la dirección de la TVG de desproteger la propiedad intelectual de los proyectos presentados al medio público. Longueira reclamó la creación de una normativa que garantice la protección de los formatos e ideas que se entregan a la televisión autonómica, una propuesta que la directora general rechazó.

La pregunta formulada por la parlamentaria socialista chega tras la demanda presentada polo produtor vasco Ibon Uzkudum, que acusa á TVG de plaxiar o seu formato Jai Giro no programa Vaia Troula. Segundo explicou Longueira, o creador presentara o seu proxecto en San Marcos para que puidera ser adaptado en Galicia, pero posteriormente descubriu que a canle puxera en emisión un programa cun formato e caracterización case idénticos.

A demanda, actualmente pendente de resolución na Audiencia Provincial da Coruña, non busca un beneficio económico, segundo a deputada socialista, senón o recoñecemento do traballo do produtor. Longueira lembrou que “non é a primeira vez” que se coñecen casos de plaxio no ente público.

A xerencia da CSAG, segundo denunciou a portavoz socialista, limítase a responder que “quen se considere plaxiado que denuncie”, negándose a establecer un protocolo específico que garanta a protección dos proxectos que o ente recibe de forma habitual.

O caso remóntase ao ano 2009, cando Uzkudum presentou unha copia do seu programa á responsable de programas da TVG. A profesional comprometeuse entón a volver contactar para pechar unha posible colaboración, pero pasados uns meses —segundo relata o produtor— familiares galegos chamárono sorprendidos ao atopar en antena Vaia Troula, co mesmo estilo e caracterización que o seu formato vasco, o que o levou finalmente a presentar unha demanda por apropiación dos seus dereitos de propiedade intelectual.

⚙ Configurar cookies
0.29860997200012