María Rivas invita a disfrutar de la Festa do Queixo de Arzúa respetando las medidas de seguridad y las indicaciones de la organización

La subdelegada del Gobierno felicita al Concello por las 50 ediciones de esta celebración, referente en la provincia y en la comunidad, y que vuelve a tener a la mujer como protagonista
50 Festa do Queixo de Arzua
11 Mar 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu hoxe xunto co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, a Xunta Local de Seguridade do municipio, que este fin de semana acolle a tradicional Festa do Queixo. Durante o encontro, Rivas convidou á cidadanía a participar nesta festividade, "pero respectando sempre as medidas de seguridade e as indicacións da organización para que todo transcorra con normalidade".

María Rivas aproveitou a ocasión para felicitar ao Concello pola consolidación desta festa como un referente en toda a provincia e no resto da comunidade, así como unha cita ineludible para as persoas amantes do queixo. "Son 50 anos dun evento que coordina tradición e modernidade e que, un ano máis, volve dar especial protagonismo ás mulleres, non só por ter a Lucía Freitas como pregoeira, senón tamén pola homenaxe ás mulleres queixeiras, que protagonizan o cartel, e pola incorporación dun faladoiro de mulleres e queixo", indicou.

A subdelegada e o alcalde, acompañados dos representantes das Forzas e Corpos de Seguridade e da Policía Local, repasaron os datos de seguridade do municipio, destacando que Arzúa é un concello seguro, cunha taxa de criminalidade do 23,1 delitos por cada 1.000 habitantes, o que supón 12,2 puntos por baixo da media de Galicia. Rivas tamén subliñou que a taxa de criminalidade en Arzúa é menos da metade da media estatal (50,6 puntos).

⚙ Configurar cookies
0.094633102416992