21 concellos permanecen sen positivos por covid

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19 pcr
10 Dec 2021

A hospitalización volve caer tras o susto dos últimos días e o número de casos novos, pola contra, aumenta, controlado eso si polas altas.

Hoxe hai 704 casos activos, 8 máis que onte, cun rexistro de 61 novos positivos e 52 altas. Onte houbo 12 máis, con 52 novos contaxios e 40 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.160 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria redúcese. Seguen con catro ingresados na UCI de Lugo pero son 9 os pacientes en planta (3 menos), 4 no Hula (3 menos), 2 na Mariña e 3 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Aínda que os casos novos non crecen de forma descontrada como en vagas anteriores xa son moi poucos os concellos que levan polo menos unha semana sen positivos. Son 21 os limpos de covid, 8 deles só durante a última semana.

A Mariña

  • Ribadeo reduce 4 ata 22 enfermos.
  • Foz reduce ata 10 contaxios (1 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Mondoñedo, Cervo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro, Viveiro e Riotorto.
  • Unha semana sen casos: Lourenzá.
  • Máis de quince días limpos: Ourol, O Vicedo e Xove.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 49 contaxiados (1 máis).
  • Outeiro de Rei reduce a 16 enfermos (1 menos).
  • As Pontes suma 4 ata 15 casos.
  • Rábade volve ter algún caso.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, Xermade, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Meira e Muras.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito, Begonte e Pol.

Comarca de Sarria

  • Sarria mantén os 25 enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio, Láncara e Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo volve sumar casos con 221 (8 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Monterroso, Palas, Antas e Becerreá.
  • A Fonsagrada e Baralla volven ter casos.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Cervantes, Castroverde, Portomarín, Navia de Suarna, Guntín, As Nogais e Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: Baleira, Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 12 positivos (1 menos).
  • Chantada: 52 contaxios.
  • Folgoso do Courel: 21 (1 menos).
  • Monforte: 41 casos (2 máis).
  • O Saviñao: 44 enfermos (2 máis).
  • Quiroga: 13 casos.
  • Taboada: 24 contaxios (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón e Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.12322211265564