A alcaldesa de Burela representará á vila na recepción do Día da Festa Nacional en Madrid

A alcaldesa de Burela, Carmela López, acudirá este domingo, 12 de outubro, á recepción oficial con motivo do Día da Festa Nacional, que terá lugar no Palacio Real de Madrid. O convite foi remitido directamente por S. M. o Rei e polo xefe da Casa Real, quen representou institucionalmente á vila mariñeira.
Con esta invitación, a rexedora burelés converterase nunha das representantes municipais galegas presentes nun dos actos de Estado máis relevantes do ano, un evento no que se reúnen autoridades políticas, sociais e culturais de todo o país.
A propia alcaldesa expresou a súa satisfacción e responsabilidade ante esta cita: “É unha honra poder representar a Burela nun acto de Estado desta relevancia. Recibo este convite con moita ilusión e tamén como un xesto de estima pola visita que fixeron a Burela, onde deixaron moi boa impresión”, sinalou Carmela López.
A rexedora tamén destacou o valor simbólico desta presenza: “É tamén unha oportunidade para seguir levando o nome de Burela con orgullo e lembrar que, mesmo dende os concellos pequenos, tamén se constrúe país”, engadiu.
Con esta participación, Burela únese á representación galega nun acto que, ademais de celebrar a Festa Nacional, serve para reforzar a visibilidade das vilas e concellos pequenos no contexto institucional e nacional.