A alcaldesa recibe ao Monbus Obradoiro CAB antes do inicio da tempada

Goretti Sanmartín deu a benvida ao equipo de baloncesto compostelán na praza do Obradoiro, nun encontro previo á celebración do I Torneo Internacional Concello de Santiago.
Obradoiro
10 Oct 2025

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu este xoves na praza do Obradoiro ao equipo do Monbus Obradoiro CAB, acompañada polas concelleiras de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e de Deportes, Pilar Lueiro, así como por outros membros da corporación municipal.

Durante o acto, a rexedora transmitiulles o apoio e o orgullo da cidade cara ao club compostelán, símbolo do deporte galego e da cidade de Santiago.

O Monbus Obradoiro culmina este venres a súa pretempada coa celebración do I Torneo Internacional Concello de Santiago de Compostela, que terá lugar no multiusos Fontes do Sar, unha cita que servirá de antesala ao inicio da nova tempada de liga.

⚙ Configurar cookies
0.30368685722351