A Copa Deputación escolle os equipos que xogarán en oitavos

Dentro do grupo de Terceira, pasarán á seguinte fase Goiriz, Cazás, Castroverde e Corgo, mentres que en Segunda seguirán San Roque, Riotorto, Becerreá, Santa Comba, Cabreiros, Folgueiro, Lemos B, Paradela, O Páramo, A Piringalla, Brollón e Pontenova
balon-futbol-recurso
3 Mar 2025

A Copa Deputación tivo xornada para as categorías de Segunda e Terceira esta fin de semana aproveitando a celebración do descanso de Entroido na Liga Regular. Así, foi como se escolleron os dezaseis equipos que disputarán a fase de oitavos o día 23 deste mesmo mes.

Dentro da categoría de Segunda, os enfrontamentos entre equipos de igual categoría deixaron como vencedores ao Riotorto, que se desfixo dun Iberia que non está tendo unha boa tempada, e o San Roque, que superou ao Chantada B. Nos dous casos venceron por 3-1. Ademais, o Becerreá venceu pola mínima ao Friol e o Santa Comba tivo que chegar aos penaltis para facerse coa clasificación ante o Antas.

Partidos entre equipos de Terceira non houbo, pero si tiveron lugar algunhas vitorias dos da categoría inferior que superaron aos de Segunda. Este foi o caso do Corgo, que superou ao Palas por 2-0; o do Castroverde, que está a un paso do ascenso, que venceu 3-1 ao Casás, ou a contundencia coa que o Cazás eliminou ao Cospeito (4-1). Neste grupo tamén se inclúe a goleada do recentemente ascendido Goiriz ao Barreiros (5-3).

Nos outros oito resultados que faltan foron os equipos de Segunda os que venceron aos de Terceira. O resultado máis avultado foi para o Páramo, que superou 0-4 ao Chantada Atlético B, o Folgueiro, líder provisional do Norte, que superou ao Celeiro por 0-3, o mesmo resultado que se levou o Paradela ante o Monterroso B. O Lemos B fíxose coa clasificación ante o Carballedo por 1-3 e o Brollón ante o Taboada B por 1-2.

A Piringalla colleu o pase grazas a un único gol ante o Abadín e á quenda de penaltis foron o Catro Roldas e o Pontenova, que empataron a uns, o mesmo que o Matela-Cabreiros. Neste último caso chegaron a tirarse ata 26 penaltis para que o equipo de Xermade se levase a vitoria.

 

⚙ Configurar cookies
0.13138103485107