A covid bate un novo récord de contaxios

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
22 Dec 2021

A presenza da covid desbócase na provincia de Lugo cun novo récord de casos novo e coa hospitalización á baixa.

Hoxe hai 1.153 casos activos, 87 máis que onte, cun rexistro de 127 novos positivos e 37 altas. Onte houbo 38 máis, con 80 novos contaxios e 42 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 22.157 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria segue á baixa con 2 enfermos menos na UCI do Hula, onde hai 3 persoas, mentres en planta os ingresados son 11 pacientes (1 máis), 4 no de Lugo (1 menos), 2 na Mariña (1 máis) e 5 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

A provincia experimenta un aumento de casos xeralizado con novas localidades que suben dos dez contaxios activos e só con 12 concellos onde polo menos hai unha semana que non hai positivos.

A Mariña

  • Burela: 16 positivos (4 máis).
  • Foz: 22 (2 menos).
  • Lourenzá: 13.
  • Mondoñedo: 11 (1 máis).
  • Ribadeo: 20 (7 máis).
  • Viveiro: 19 (2 máis).
  • A Pontenova volve ter casos.
  • Por debaixo de 10: Barreiros,, Xove, Cervo, O Vicedo, Alfoz e Riotorto.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: O Valadouro e Trabada.
  • Máis de quince días limpos: Ourol.

Terra Chá

  • As Pontes: 26 (3 máis).
  • Castro de Rei: 10.
  • Guitiriz: 12.
  • Outeiro de Rei: 16 casos (1 menos).
  • Vilalba: 19 (1 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pastoriza, Abadín, Rábade, Pol, Begonte, Cospeito e Friol.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Muras e Meira.
  • Máis de quince días limpos: Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria resta 2 e xa son 20 enfermos.
  • O Incio volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos e O Páramo.
  • Máis de quince días limpos: Triacastela e Paradela.

Centro da provincia

  • Guntín: 11.
  • Lugo: 490 (33 máis).
  • Monterroso: 15 (1 máis).
  • Palas de Rei 14.
  • Por debaixo dos 10 casos: A Fonsagrada, Baralla, Baleira, Pedrafita, Castroverde, O Corgo, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla.
  • Entre unha semana en 15 días sen casos: Navia de Suarna. Únese Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 61 contaxios (2 máis).
  • Folgoso do Courel: 19.
  • Monforte: 93 casos (11 máis).
  • O Saviñao: 29 enfermos (5 menos).
  • Pantón: 17.
  • Quiroga: 17 casos (5 máis).
  • Taboada: 14 contaxios (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Ribas de Sil e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.11903595924377