Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid recupera o ritmo de crecemento e segue sumando novos positivos coa hospitalización estable.
Hoxe hai 475 casos activos, 27 máis que onte, cun rexistro de 39 novos positivos e 12 altas. Onte houbo 13 máis, con 30 novos contaxios e 16 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.603 casos rexistrados e 255 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense cun ingresado en UCI mentres seguen tres pacientes en planta, todos no Hula.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións. Hoxe entran en vigor as novas restricións que pasan por esixir o certificado covid durante todo o día en restaurantes e nos bares a partir das 21.00 horas e na redución persoas nos grupos.
POR COMARCAS
Tras a pausa da fin de semana volven a crecer os contaxios e a expansión por toda a provincia con especial incidencia nas vilas máis poboadas. Xa son 29 os concellos limpos de virus.
A Mariña
- Viveiro sobe a 19 casos (1 máis).
- Ribadeo aumenta 4 enfermos ata 16.
- Foz mantense en 10 contaxios.
- Por debaixo de 10: Alfoz, Xove, O Valadouro, O Vicedo, Barreiros, A Pontenova e Burela.
- Unha semana sen casos: Mondoñedo.
- Máis de quince días limpos: Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba sobe en 15 contaxiados (1 máis).
- Outeiro de Rei aumenta ata 21 enfermos (4 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, As Pontes e Pol.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz, Begonte e Meira.
- Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras e Rábade.
Comarca de Sarria
- Sarria suma 2 casos máis ata 19 contaxios.
- Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela e O Páramo
- Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- O crecemento en Lugo volve recuperarse con 201 contaxios (13 máis).
- As Nogais segue con 12 positivos.
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Portomarín, Castroverde, Guntín e Cervantes.
- Ente 1 semana e 15 días sen casos: Palas e Antas. Únese Pedrafita.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- En Chantada soben a 22 contaxios (3 máis).
- Monforte aumenta a 14 casos (3 máis).
- O Saviñao chega a 10 enfermos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Sober, Pantón e Ribas de Sil e Taboada.
- Máis de quince días limpo: Bóveda e Quiroga.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.