A covid alcanza os 200 casos e os novos positivos diarios achéganse aos 40

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
COVID 19
19 Nov 2021

A covid volve dar un novo golpe na mesa asegurando que non ten intención de marchar subindo todos os parámetros.

Así, hoxe hai 200 casos activos, 30 máis que onte, cun rexistro de 37 novos positivos e 5 altas. Onte houbo 17 máis, con 20 novos contaxios e 2 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.223 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria recupérase cun ingresado en planta que se suma ao paciente que había na UCI do Hula.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades estudan volver incluír limitacións debido ao crecemento dos casos.

POR COMARCAS

Do mesmo xeito sobe o número de concellos con casos covid e xa son 23 (2 máis que onte). Na Mariña seguen Foz, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Viveiro,  Barreiros e Alfoz e na Terra Chá a Meira, Vilalba, Outeiro de Rei, Guitiriz, Friol, Begonte e Castro. No centro, con Lugo seguen O Corgo, Palas e As Nogais e únese Antas de ulla e no sur a Sarria, Chantada e Folgoso do Courel súmase Antas de Ulla. Xa son dous os concellos que superan os dez casos, Lugo e Outeiro de Rei.

A Mariña

  • Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Barreiros, Viveiro e Alfoz.
  • O Valadouro leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada e Xove. Únese Riotorto.

Terra Chá

  • Outeiro de Rei sobe a 12 contaxios (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Vilalba, Guitiriz, Begonte, Friol e Castro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Cospeito, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo  achéganse ao centenar. Xa son 96 (13 máis).
  • Antas volve ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas e As Nogais.
  • Baleira leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Chantada e Folgoso do Courel.
  • Carballedo volve ter casos.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.12339305877686