Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid reduce por primeira vez nos últimos meses a súa incidencia por debaixo dos mil casos activos aínda que a hospitalización segue en aumento.
Así, hoxe hai 917 casos, 120 menos que sábado, con 68 novos contaxios nas últimas 24 horas e 245 altas en dous días.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.720 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.
A presión hospitalaria segue sendo elevada con 3 pacientes na UCI do Hula e en planta hai 36 enfermos (8 máis), 25 están no de Lugo (9 máis), 1 na Mariña (3 menos) e 10 en Monforte (2 máis).
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Caída de casos xeralizada onde destaca pola contra a subida de Monforte con 10 casos máis.
Os concellos limpos de covid son 9, e só 11 máis teñen por riba de dez casos de covid (1 menos).
A Mariña
- Burela: 13 (4 menos).
- Foz: 14 (2 menos).
- Ribadeo: 10.
- Viveiro: 13 (1 máis).
- Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.
Terra Chá
- As Pontes: 18 (3 máis).
- Guitiriz: 13.
- Outeiro de Rei: 16 (3 máis).
- Vilalba: 19 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Meira, Pol, Rábade e Xermade.
- Unha semana sen casos: Muras.
Comarca de Sarria
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Sarria.
- Quince días sen casos: Triacastela.
Centro da provincia
- Lugo: 213 (2 menos).
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: A Fonsagrada, Baralla, Navia de Suarna e Palas de Rei.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.
Ribeira Sacra
- Chantada. 10.
- Monforte: 48 (10 máis).
- O Saviñao: 11 (1 máis).
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
- Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.