A covid comeza a fin de semana cunha caída de casos activos e contaxios novos

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19 pcr
21 May 2022

Comeza a fin de semana cunha nova caída de casos tras dous días de pequenos crecementos. O aumento das altas e a caída de novos contaxios marca a situación.

Así, hoxe hai 1.368 casos, 131 menos que onte, con 109 novos contaxios nas últimas 24 horas e 240 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.034 casos rexistrados e 349 persoas falecidaa.

A presión hospitalaria baixa. Segue un ingresado na UCI do Hula e en planta hai 49 enfermos (4 menos), 37 están no de Lugo (4 menos), 6 na Mariña, 5 en Monforte e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Só Lugo ten movementos destacados nesta xornada, con 14 casos menos.

Os concellos limpos e covid caen a 4, cando onte eran 6. En total son 17 concellos os que teñen por riba de dez casos de covid, 1 menos que onte.

A Mariña

  • Barreiros: 13 (2 menos).
  • Burela: 29 (3 máis).
  • Cervo: 10 (1 menos).
  • Foz: 16 (3 máis).
  • Ribadeo: 12 (4 menos).
  • Viveiro: 14 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 12 (1 máis).
  • As Pontes: 27 (2 menos).
  • Castro de Rei: 22 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 12.
  • Vilalba: 25 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 23 (2 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
  • Unha semana sen casos: O Incio.

Centro da provincia

  • Lugo: 255 (14 menos).
  • O Corgo: 16 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Monterroso e Pedrafita.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 18 (2 menos).
  • Monforte: 50 (7 menos).
  • O Saviñao: 14 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
0.10557508468628