A covid contén o crecemento de casos novos e dos activos por debaixo de 8.000

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid19 2
18 Jan 2022

Os casos de covid seguen contidos por debaixo do 500 diarios e os casos soben pero de forma moi lixeira propiciados por un elevado número de altas.

Así, hoxe hai 7.557 casos activos, 118 máis que onte, con 481 novos contaxios e 362 altas. Onte os casos baixaron 108, con 469 novos contaxios e 577 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 35.695 casos rexistrados e 269 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae subitamente. Na UCI do Hula son 6 os ingresados, mentres en planta son 53 pacientes (9 menos), 35 no de Lugo (11 menos), 10 na Mariña (1 máis) e 8 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Xornada de poucos cambios con cifras de movemento na maior parte por debaixo de dez e incluso moitos á baixa. A excepción segue a ser Lugo, con 25 casos máis, Burela con 20 e Ribadeo con 15.

Muras segue a ser o único concello limpo de covid durante quince días pero Ribeira de Piquín suma xa unha semana. Por debaixo dos dez enfermos só quedan 2 (As Nogais e Negueira de Muñiz).

A Mariña

  • Alfoz: 27 (1 máis).
  • A Pontenova: 62 (5 máis).
  • Barreiros: 74 (2 máis).
  • Burela: 426 (20 menos).
  • Cervo: 144 (2 menos).
  • Foz: 223 (5 máis).
  • Lourenzá: 40 (1 máis).
  • Mondoñedo: 74 (1 máis).
  • O Valadouro: 69 (2 máis).
  • O Vicedo: 12 (2 menos).
  • Ourol: 23 (1 menos).
  • Ribadeo: 316 (15 máis).
  • Riotorto: 11 (1 menos).
  • Trabada: 13 (2 menos).
  • Viveiro: 420 (7 menos).
  • Xove: 80 (3 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 47 contaxios (2 máis).
  • A Pastoriza: 67 (3 máis).
  • As Pontes: 239 (7 máis).
  • Begonte: 61.
  • Castro de Rei: 106 (6 máis).
  • Cospeito: 87 (2 máis).
  • Friol: 53 (1 menos).
  • Guitiriz: 191 (4 máis).
  • Meira: 32.
  • Outeiro de Rei: 97 (1 menos).
  • Pol: 30 (4 máis).
  • Rábade: 40 (1 menos).
  • Vilalba: 385 (5 máis).
  • Xermade: 27 (3 menos).
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 75 enfermos (1 máis).
  • O Incio: 15 (3 máis).
  • O Páramo: 24.
  • Paradela: 32 (4 máis).
  • Samos: 32 (1 menos).
  • Sarria: 506 (19 menos).
  • Triacastela: 23 (2 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 68 positivos (2 máis).
  • Antas de Ulla: 22 (1 máis).
  • Baleira: 12 (1 máis).
  • Baralla: 68 (6 máis).
  • Becerreá: 45 (4 máis).
  • Castroverde 36 (4 máis).
  • Cervantes: 32.
  • Guntín: 47 (1 menos).
  • Lugo: 3.415 (25 máis).
  • Monterroso: 94 (3 máis).
  • Navia de Suarna: 10.
  • O Corgo: 84 (3 menos).
  • Palas de Rei: 43 (5 menos).
  • Pedrafita: 16 (1 menos).
  • Portomarín: 25 (3 menos).
  • Ribeira de Piquín: Unha semana sen contaxios.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais e Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 28 enfermos (4 máis).
  • Bóveda: 19 (1 menos).
  • Carballedo: 34 (3 máis).
  • Chantada: 260 (11 máis).
  • Folgoso do Courel: 23.
  • Monforte: 380 (8 menos).
  • O Saviñao: 37 (1 menos).
  • Pantón: 39 (3 menos).
  • Quiroga: 78 (4 máis).
  • Ribas de Sil: 21.
  • Sober: 29 (2 menos).
  • Taboada: 45 (2 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.
0.11273598670959