Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Caen os novos contaxios nesta xornada, a terceira con descenso de casos activos. Así, hoxe hai 2.301 casos activos, 137 menos que onte, con 104 novos contaxios e 237 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.157 casos rexistrados e 319 persoas falecidas.
A presión hospitalaria segue estable. Son 2 os ingresados na UCI e en planta son 36 (2 máis), 24 están no de Lugo (3 máis), 9 na Mariña e 3 en Monforte (1 menos).
POR COMARCAS
Samos é o concello que máis sobe esta xornada, con 11 casos máis. Detacan pola contra as baixadas de Lugo (41), Ribadeo (11), Burela (10).
O número de concellos limpos de covid baixa a 5 (1 menos) e son 15 os que teñen menos de dez casos.
A Mariña
- Alfoz: 10 (2 menos).
- A Pontenova: 22.
- Barreiros: 34 (2 menos).
- Burela: 91 (1 menos).
- Cervo: 71 (6 menos).
- Foz: 87 (13 menos).
- Lourenzá: 18 (2 menos).
- Mondoñedo: 31 (7 máis).
- O Vicedo: 22 (2 menos).
- Ribadeo: 51 (7 menos).
- Viveiro: 258 (14 menos).
- Xove: 59 (4 menos).
- Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 21.
- A Pastoriza: 11 (2 menos).
- As Pontes: 166 (15 menos).
- Begonte: 22 (5 menos).
- Castro de Rei: 45 (6 menos).
- Cospeito: 46 (4 menos).
- Friol: 16.
- Guitiriz: 41 (4 menos).
- Meira: 14.
- Outeiro de Rei: 60 (2 máis).
- Rábade: 12 (1 máis).
- Vilalba: 254 (14 menos).
- Xermade: 13.
- Por debaixo de 10: Pol.
- Unha semana sen casos: Muras
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 12 (1 máis).
- Antas de Ulla: 10 (4 menos).
- Becerreá: 12 (2 máis).
- Castroverde: 30 (1 máis).
- Guntín: 14 (4 menos).
- Lugo: 1.000 (82 menos).
- Monterroso: 32.
- O Corgo: 19 (1 menos).
- Palas de Rei: 29 (2 máis).
- Portomarín: 16 (1 máis).
- Por debaixo de 10: Baleira, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: Pedrafita.
- Quince días sen casos: As Nogais e Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- Láncara: 24 (1 menos).
- O Páramo: 10.
- Paradela: 12.
- Samos: 28 (2 máis).
- Sarria: 101 (3 menos).
- Por debaixo de 10: O Incio.
- Sen casos nunha semana: Triacastela.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 12.
- Chantada: 48 (7 menos).
- Monforte: 100 (2 menos).
- O Saviñao: 10 (2 menos).
- Pantón: 20 (2 menos).
- Quiroga: 11 (1 menos).
- Sober: 11.
- Taboada: 11 (1 máis).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo e Folgoso do Courel.
- Unha semana sen casos: Ribas de Sil.