A covid continúa sumando casos activos e hospitalización

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
estadistica covid lugo
26 Ago 2021

A covid segue en crecemento, tanto de casos activos, como de hospitalización aínda que a cifra de novos enfermos modérase pero aínda non logra compensarse coas altas.

Así, hai 1.377 casos activos, 35 máis que onte, cun rexistro de 101 novos positivos e 67 altas. Onte a subida foi de 50 casos, con 138 novos enfermos e 87 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.712 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria empeora de novo. Hai 33 persoas ingresadas en catro hospitais (5 máis). Na UCI do Hula suman un novo caso e son 3 e nas diferentes plantas son 30 os enfermos (4 máis); 24 están no de Lugo (5 máis), 3 na Mariña e 3 en Monforte (1 menos).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito ata o próximo sábado:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Rábade.
  • No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

A partir do sábado Monforte estará en alerta máxima. Ademais pasan tamén ao nivel alto Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober, que se suman a Rábade.

No nivel medio quedarán Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte.

POR COMARCAS

A situación amaina en Monforte e Lugo pero aparecen outros frontes como Baralla, A Pastoriza e Outeiro de Rei. A Mariña segue á baixa e Sarria estabilízase.

A Mariña

  • A Pontenova queda en 12.
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros segue con 11.
  • Burela sobe a 13 (1 máis).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz segue con 17.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos na última semana.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo baixa 1 ata 29.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada sen casos na última semana.
  • Viveiro, 32 casos, 2 menos.
  • Xove, sen casos na última semana.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 36 casos (7 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte sobe a 19 (3 máis).
  • Castro de Rei suma 5 ata 47.
  • Cospeito volve subir ata 13 (1 máis).
  • Friol, por debaixo de 10.
  • Guitiriz reduce a 10 (1 menos).
  • Meira baixa de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei sobe 4 casos ata 22.
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade baixa 1 ata 15.
  • Vilalba sobe a 31, 4 máis.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, sen casos novos na última semana.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria reduce 6 ata 34.
  • Triacastela volve ter algún positivo.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla sobe a 35, 13 máis.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá suma 1 máis ata 11 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos en quince días.
  • Lugo suma un caso máis ata 358.
  • Monterroso continúa con 21.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sobe a 14.
  • Pedrafita leva unha semana sen casos.
  • Portomarín, sen novos casos en quince días.
  • Ribeira de Piquín, por debaixo de 10.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, por debaixo de 10.
  • Chantada segue con 37.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 207, 3 máis.
  • O Saviñao sobe ata 18 (3 máis).
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.

0.14390897750854