A covid crece na provincia, pero de forma lenta

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19
11 May 2021

A provincia de Lugo continúa controlando a expansión do virus cun novo aumento de casos, pero pequeno e un esperado descenso da hospitalización, que aumentou moito nos últimos días. Así, este martes hai 226 casos activos, 4 máis, cando na xornada anterior o aumento foi de 1.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 12 casos novos (onte foron 8). As altas chegaron ás 11.134, 9 en 24 horas, o día anterior foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.579 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, comeza a aliviarse tras tres días de subida. Na UCI segue 1 persoa ingresada pero en planta hai dous menos e ahora son 7. 3 están no Hula (3 menos) e 4 Monforte (1 máis).

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, mantense con tres concellos con restricións:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A situación nos tres concellos en alerta progresa de forma diferente, A Pastoriza contén o virus, Meira suma unha semana sen covid e Chantada segue sumando positivos.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Alfoz, Burela e Foz.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros e Mondoñedo.
  • Sen casos novos na última semana están Cervo, Trabada e Lourenzá. Únese Ribadeo.

Terra Chá

  • A Pastoriza, en alerta alta, reduce a súa incidencia.
  • Vilalba chega aos 10 casos pero con valores baixos.
  • Guitiriz, Xermade e Cospeito teñen tamén casos, por debaixo de dez, pero con incidencia leve.
  • Meira, que segue en alerta media, leva xa unha semana sen contaxios.
  • Outeiro de Rei , Castro de Rei e Pol están sen casos en 7 días. Únese Friol.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade e a veciña As Pontes.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando. Son 80 (3 menos).
  • A Fonsagrada, Palas e O Corgo teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Leva unha semana sen casos Becerreá. Únese Cervantes.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara e O Páramo teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sarria leva xa unha semana sen novos contaxios.
  • Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Carballedo, Folgoso e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Pantón ten elevada a incidencia pero non chega aos dez casos.
  • Chantada suma un caso máis e queda en 29, e segue en alerta media.
  • Monforte leva limpo unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga.
⚙ Configurar cookies
0.31989884376526