Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid dá un novo revés aos datos e aumenta a súa presenza na provincia cunha subida de casos activos e novos contaxios ao mesmo tempo que a hospitalización. Así, hoxe hai 2.106 casos activos, 85 máis que onte, con 260 novos contaxios e 178 altas. Onte os casos subiron en 19, con 201 novos contaxios e 182 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 53.680 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.
A presión hospitalaria continúa fluctuando. A ocupación das UCI segue cun paciente e en planta son 43 (2 máis), 24 no de Lugo (2 máis), 8 na Mariña (2 máis) e 11 en Monforte (2 menos).
POR COMARCAS
Continúa crecendo os casos en Viveiro (que subiu 21 contaxios novos) e tamén soben en Lugo con 19 máis e As Pontes con 11. Por outro lado destaca a baixada de Castro de Rei con 16 menos.
Descende o número de concellos limpos de covid a 8 (e menos) e son 23 os que teñen menos de dez casos (6 máis).
A Mariña
- Alfoz: 11 casos.
- Burela: 78 (6 máis).
- Cervo: 39 (5 máis).
- Foz: 64 (4 máis).
- Mondoñedo: 26 (1 máis).
- O Valadouro: 24 (4 menos).
- O Vicedo: 14 (1 menos).
- Ribadeo: 30 (1 menos).
- Trabada: 10 (1 menos).
- Viveiro: 256 (21 máis).
- Xove: 51 (5 máis).
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Barreiros, Ourol e Riotorto.
- Sen casos nunha semana: Lourenzá.
Terra Chá
- A Pastoriza: 24 (7 menos).
- As Pontes: 90 (11 máis).
- Begonte: 17 (3 máis).
- Castro de Rei: 49 (16 menos).
- Cospeito: 13 (2 máis).
- Friol: 10 (1 menos).
- Guitiriz: 17 (2 máis).
- Meira: 11.
- Outeiro de Rei: 29 (2 máis).
- Vilalba: 127.
- Xermade: 11 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, Muras, Pol e Rábade.
Comarca de Sarria
- O Páramo: 12 (2 máis).
- Sarria: 99 (5 máis).
- Por debaixo de 10: Láncara, O Incio e Samos.
- Sen casos nunha semana: Paradela e Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 41 positivos (2 menos).
- Baralla: 16.
- Castroverde: 13.
- Lugo: 1028 (19 máis).
- Monterroso: 13.
- O Corgo: 15 (2 menos).
- Portomarín: 11.
- Por debaixo de 10: Anta de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Palas de Rei e Ribeira de Piquín.
- Unha semana limpo: Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.
- Quince días sen casos: Pedrafita.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 10 enfermos.
- Carballedo: 21 (1 máis).
- Chantada: 96 (1 máis).
- Monforte: 140 (2 máis).
- O Saviñao: 26 (4 menos).
- Taboada: 13 casos.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Pantón, Quiroga e Ribas de Sil.
- Unha semana sen contaxios: Folgoso do Courel.
- Quince días limpo: Sober.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).