Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A provincia de Lugo está a sofrir unha explosión de novos contaxios e conta co virus extendido por toda a poboación e só con tres concellos limpos na última semana. Aumenta tamén a hospitalización.
Hoxe hai 3.149 casos activos, 551 máis que onte e 620 casos novos e 68 altas. Onte houbo 309 casos activos máis, con 163 novos contaxios e 77 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 24.577 casos rexistrados e 259 persoas falecidas, catro delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria sobe en 3 enfermos. Na UCI do Hula seguen 5 ingresados, mentres en planta son 15 pacientes, 12 no de Lugo (3 máis), 2 na Mariña (1 máis) e 1 en Monforte (1 menos).
POR COMARCAS
O crecemento da covid xa é espectacular e incontrolable con aumento de casos en practicamente todos os concellos.
A Mariña
- Barreiros: 18 casos. (4 máis)
- Burela: 85. (22 máis)
- Cervo: 29 (7 máis).
- Foz: 43. (7 máis)
- Lourenzá: 18. (3 máis)
- Mondoñedo: 30. (1 máis)
- O Vicedo: 11.
- Ribadeo: 73. (14 máis)
- Viveiro: 109. (26 máis)
- Xove: 17. (2 máis)
- Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto, A Pontenova, Trabada, O Valadouro e Ourol
Terra Chá
- Abadín: 10 positivos.
- As Pontes: 91. (13 máis)
- Begonte: 13.
- Castro de Rei: 25. (4 máis)
- Cospeito: 32. (9 máis)
- Friol: 16. (3 máis)
- Guitiriz: 36 (5 máis).
- Outeiro de Rei: 46. (8 máis)
- Rábade: 15 (2 máis).
- Vilalba: 166. (21 máis)
- Por debaixo de 10 contaxios: Xermade, Meira, A Pastoriza e Pol.
- Unha semana limpo: Muras.
Comarca de Sarria
- Láncara: 17 enfermos. (4 máis)
- O Incio: 13.
- Sarria: 101. (26 máis)
- Por debaixo de 10 contaxios: Samos, O Páramo e Paradela
- Máis de quince días limpos: Triacastela
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 18 positivos. (8 máis)
- Baralla: 18 (6 máis).
- Becerreá: 21 (2 máis).
- Castroverde 30. (1 máis)
- Guntín: 20. (2 máis)
- Lugo: 1.197. (196 máis)
- Monterroso: 32. (8 máis)
- O Corgo: 33. (2 máis)
- Palas de Rei: 17. (4 menos)
- Portomarín: 12.
- Por debaixo dos 10 casos: Baleira, As Nogais, Cervantes, Pedrafita, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
- Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 11 (1 máis).
- Bóveda: 11 enfermos.
- Chantada: 72 (6 máis).
- Monforte: 266 (35 máis).
- O Saviñao: 36 (9 máis).
- Pantón: 24 (3 máis).
- Quiroga: 40 (6 máis).
- Sober: 24 (9 máis).
- Taboada: 22.
- Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Carballedo.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.
- A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
- Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
- Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
- A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
- Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.