A covid descontrólase coa suma de 34 novos positivos

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
contaxios
5 Xul 2021

A covid volveu dar un xiro á situación ao sumar positivos e ingresados en hospitais de forma descontrolada debido a un elevado número de novos positivos procedentes de Sarria, Lugo e Chantada principalmente.

Este luns hai contabilizados 264 casos activos (24 máis que onte) cando a xornada anterior o aumento foi de 10. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 34 casos novos (onte foron 14 e o día anterior 15), e as altas chegaron ás 12.871 (10 nun día), o día anterior foron 6.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.357 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe a 4 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 2 en planta (1 máis), e Monforte segue con 1 enfermo ingresado.

O Comité clínico mantén a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

Este luns a provincia bota datos negativos sobre crecemento do virus co gromo de Sarria descontrolado e subindo tamén en Lugo e Chantada. Preocupan os datos de concellos como Triascastela, Láncara, Taboada e Sober, que seguen coa incidencia moi elevada.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Viveiro, Ribadeo, O Vicedo e A Pontenova. Súmanse de novo Cervo e Lourenzá.
  • Burela fai unha semana que non ten contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz, Xove e Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, A Pastoriza, Castro de Rei, Vilalba, Meira, As Pontes e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Friol leva unha semana sen casos novos. Súmase Outeiro de Rei.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín e Begonte e Guitiriz. Únese Pol.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 84 (4 máis).
  • Portomarín, Guntín e O Corgo teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese de novo Palas.
  • Castroverde leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue descontrolado al alza. Xa son 64 positivos (9 máis), co concello en alerta alta e subindo a incidencia a niveis de máxima.
  • Láncara e Triacastela teñen moi alta a incidencia.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Taboada e Sober teñen moi elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos.
  • Monforte, Carballedo e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Chantada experimenta un novo aumento de casos tras varios días estancado con 16 contaxios (3 máis) pero segue coa incidencia baixa.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.
0.13239407539368