Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Continuou a caída de casos activos esta fin de semana impulsado pola baixada de novos positivos e as altas acumuladas de dúas xornadas xa que o domingo non se actualizaron as estatísticas. Endurécese a hospitalización cun caso máis na UCI.
Así, este luns hai 2.588 casos activos, 156 menos que onte, con 138 novos contaxios e 452 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 57.907 casos rexistrados e 319 persoas falecidas.
A presión hospitalaria sobe de novo. Agora son 3 os ingresados na UCI (1 máis) e en planta son 36 (3 máis), 20 están no de Lugo (1 máis), 1 no Polusa, 9 na Mariña (1 máis) e 6 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Vilalba destaca nas estatísticas de hoxe polo elevado número de casos que incorporou esta fin de semana, 24 máis mentres o resto opta pola estabilidade. Compensa a baixada de 12 en Viveiro, 11 en Burela e 10 en Xove.
O número de concellos limpos de covid segue en 6 e son 15 os que teñen menos de dez casos (1 máis).
A Mariña
- Alfoz: 15.
- A Pontenova: 23.
- Barreiros: 38 (1 menos).
- Burela: 108 (11 menos).
- Cervo: 82 (3 máis).
- Foz: 102 (1 máis).
- Lourenzá: 22 (1 máis).
- Mondoñedo: 21 (2 máis).
- O Vicedo: 29.
- Ribadeo: 69 (4 menos).
- Viveiro: 271 (12 menos).
- Xove: 65 (10 menos).
- Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 23 (1 máis).
- A Pastoriza: 14 (1 menos).
- As Pontes: 186 (7 menos).
- Begonte: 29 (1 menos).
- Castro de Rei: 52 (4 máis).
- Cospeito: 46 (2 menos).
- Friol: 25.
- Guitiriz: 47 (5 menos).
- Meira: 13 (2 máis).
- Outeiro de Rei: 64 (3 máis).
- Rábade: 13.
- Vilalba: 266 (24 máis).
- Xermade: 14 (1 máis).
- Por debaixo de 10: Pol.
- Unha semana sen casos: Muras
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 11.
- Antas de Ulla: 14 (3 menos).
- Baralla: 11.
- Castroverde: 27.
- Guntín: 17 (8 menos).
- Lugo: 1.123 (4 menos).
- Monterroso: 31 (5 máis).
- O Corgo: 18.
- Palas de Rei: 28 (5 máis).
- Portomarín: 14.
- Por debaixo de 10: Baleira, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: Pedrafita.
- Quince días sen casos: As Nogais e Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- Láncara: 26.
- O Páramo: 10 (2 menos).
- Paradela: 12 (1 máis).
- Samos: 15 (2 máis).
- Sarria: 104 (8 máis).
- Por debaixo de 10: O Incio e Triacastela.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 11.
- Chantada: 58 (5 menos).
- Monforte: 110 (4 máis).
- O Saviñao: 15 (1 menos).
- Pantón: 22 (3 menos).
- Quiroga: 12 (1 máis).
- Sober: 10.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Folgoso do Courel e Taboada.
- Unha semana sen casos: Carballedo e Ribas de Sil.