Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Novo parón no aumento da covid na provincia con 269 só un máis que onte, cando o día anterior subiron 6 casos e os días previos 9.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 14 casos novos (onte foron 11). As altas chegaron ás 11.430, 14 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 6.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.920 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense tamén. Hai unha persoa máis na UCI (2 ingresadas) e 10 nas diferentes plantas (1 menos), 5 están no Hula (1 menos), 3 en Burela (1 menos) e 2 en Monforte (1 máis).
Os cambios de restricións por concellos estarán do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Xornada de estabilidade co virus controlado na Mariña e en Vilalba e Monforte, onde tiña máis virulencia.
A Mariña
- Viveiro suma unha nova xornada sen aumentar casos e mantén 54.
- Xove tamén mantén os 15 de onte.
- Ribadeo segue con 15, aínda que no seu caso a incidencia é inferior.
- Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Cervo e o Valadouro.
- Lourenzá, Mondoñedo e Alfoz están sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba ten un positivo máis, 28 na última quincena e manterá a alerta media.
- Begonte, Cospeito, As Pontes, Meira, Abadín e Outeiro de Rei están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve.
- Pol e Guitiriz non tiveron casos na última semana.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza e Xermade.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo baixan a 60 (1 menos).
- Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde.
- Navia de Suarna leva unha semana sen positivos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.
Comarca de Sarria
- Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
- O Incio leva unha semana sen casos.
- Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte baixa a 21 (1 menos) positivos en 15 días.
- Chantada, Taboada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
- Pantón e A Pobra de Brollón levan unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo e Sober.