Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa en proceso descendente cos novos contaxios arredor do 150 diarios. Hoxe hai 1.580 casos activos, 88 menos que onte, con 147 novos contaxios e 235 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 59.065 casos rexistrados e 322 persoas falecidas.
A presión hospitalaria volve baixar. Son 2 os ingresados na UCI e en planta baixan ata 39 (3 menos), 23 están no de Lugo (6 menos), 11 na Mariña (2 máis) e 5 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Non se rexistran subidas importantes nos concellos, onde a maior parte baixan. Caen os casos en Lugo 44, Viveiro 14, Vilalba 12 e na veciña As Pontes 18.
O número de concellos limpos de covid sobe a 6 (2 máis) e son 23 os que teñen menos de dez casos (1 menos que onte).
A Mariña
- A Pontenova: 11 (1 menos).
- Barreiros: 26 (1 menos).
- Burela: 62 (1 máis).
- Cervo: 75 (2 menos).
- Foz: 73 (1 menos).
- Lourenzá: 12 (2 menos).
- Mondoñedo: 71 (8 máis).
- O Valadouro: 10.
- O Vicedo: 13 (1 menos).
- Ribadeo: 42 (1 máis).
- Riotorto: 11.
- Viveiro: 210 (14 menos).
- Xove: 49 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 14.
- A Pastoriza: 24 (4 máis).
- As Pontes: 93 (18 menos).
- Castro de Rei: 28 (1 menos).
- Cospeito: 31 (2 menos).
- Guitiriz: 21 (1 menos).
- Outeiro de Rei: 39 (6 menos).
- Pol: 10.
- Rábade: 14.
- Vilalba: 144 (12 menos).
- Por debaixo de 10: Friol, Meira, Muras e Xermade.
- Unha semana sen casos: Begonte.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 11
- Becerreá: 19 (1 menos).
- Castroverde: 17 (2 menos).
- Lugo: 707 (44 menos).
- Monterroso: 37 (1 máis).
- O Corgo: 13.
- Palas de Rei: 22 (4 menos).
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Cervantes, Guntín, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: Baleira e Navia de Suarna.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.
Comarca de Sarria
- Láncara: 15 (6 menos).
- O Incio: 11 (1 máis).
- Samos: 24.
- Sarria: 86 (8 menos).
- Por debaixo de 1o casos: O Páramo, Paradela e Triacastela.
Ribeira Sacra
- Chantada: 23 (4 menos).
- Monforte: 69 (5 menos).
- Quiroga: 15 (4 máis).
- Sober: 10.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
- Unha semana sen casos: A Pobra do Brollón.