Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid mantén o ritmo e crecemento debido aos diferentes gromos provocados por colectivos sen vacinar e que se están estendendo pola provincia, igual que no resto da comunidade autónoma.
Hoxe hai 279 casos activos, 22 máis que onte, cun rexistro de 26 novos positivos e 4 altas. Onte houbo 33 máis, con 38 novos contaxios e 5 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.315 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria segue en tres persoas ingresadas na planta do Hula pero coas UCI baleiras.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades estudan volver incluír limitacións debido ao crecemento dos casos.
POR COMARCAS
A situación é moi similar en todas as comarcas onde son poucos os concellos que superan os 10 contaxios quedando reducidos a Viveiro, Vilalba, Outeiro de Rei, Sarria, Lugo e As Nogais.
A Mariña
- Viveiro sobe ata os 11 casos.
- O Valadouro volve ter contaxios novos.
- Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Alfoz, Xove e Mondoñedo.
- Unha semana sen casos: O Vicedo e Barreiros. Únese Burela.
- Máis de quince días limpos: A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba suma 1 caso máis ata 15.
- Outeiro de Rei segue con 14.
- Xermade volve ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Guitiriz, Begonte, Friol, Castro de Rei e A Pastoriza.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
- Máis de quince días limpos: Abadín, As Pontes, Cospeito, Muras, Rábade.
Comarca de Sarria
- Sarria segue con 10 contaxios.
- Láncara volve ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Paradela e o Páramo.
- Máis de quince días limpos O Incio, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen á alza. Xa son 126 (9 máis).
- Pedrafita volve ter casos.
- As Nogais mantén 11 positivos.
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas e Antas e Baralla.
- Baleira leva unha semana sen casos.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Portomarín e Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- Por debaixo de 10 contaxios: Chantada, Carballedo, Folgoso do Courel, Monforte e A Pobra de Brollón.
- Máis de quince días limpo: Bóveda, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
RESTRICIÓNS
Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.
- Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
- Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
- No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.