Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid non cesa e continúa manténdose por riba dos 2.300 casos e cun número constante de novos contaxios diarios entre 200 e 300.
Así, hoxe hai 2.386 casos activos, 14 máis que onte, con 279 novos contaxios e 259 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 55.185 casos rexistrados e 314 persoas falecidas (1 máis que onte).
A presión hospitalaria disminúe. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 35 (3 menos), 21 están no de Lugo (1 menos), 4 na Mariña e 10 en Monforte (2 menos).
POR COMARCAS
Sen moitos cambios nos concellos, as maiores subidas están en Lugo, con 42 casos máis, Foz con 14 e Cervo con 10. Tamén soben nas Pontes en 15.
O número de concellos limpos de covid é de 5 (1 máis) e son 20 os que teñen menos de dez casos (5 menos).
A Mariña
- Alfoz: 11.
- A Pontenova: 13.
- Barreiros: 22 (3 máis).
- Burela: 111 (1 máis).
- Cervo: 68 (10 máis).
- Foz: 90 (14 máis).
- Mondoñedo: 17 (1 menos).
- Ourol: 13.
- O Valadouro: 13 (1 menos).
- O Vicedo: 24 (1 máis).
- Ribadeo: 60 (5 máis).
- Viveiro: 355 (7 máis).
- Xove: 98 (3 máis).
- Por debaixo de 10: Lourenzá, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- A Pastoriza: 14 (2 máis).
- As Pontes: 163 (15 máis).
- Begonte: 18 (4 máis).
- Castro de Rei: 40 (4 máis).
- Cospeito: 17 (4 máis).
- Friol: 19 (2 máis).
- Guitiriz: 37 (6 máis).
- Meira: 14 (1 menos).
- Muras: 10.
- Outeiro de Rei: 46 (8 máis).
- Rábade: 14.
- Vilalba: 134 (5 máis).
- Xermade: 19.
- Por debaixo de 10: Abadín e Pol.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 20 positivos (1 menos).
- Antas de Ulla: 16 (4 máis).
- Castroverde: 12 (1 máis).
- Guntín: 20 (4 máis).
- Lugo: 1.116 (42 máis).
- Monterroso: 15 (1 menos).
- O Corgo: 18 (1 máis).
- Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
- Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- Láncara: 13.
- O Páramo: 14.
- Sarria: 73 (1 máis).
- Por debaixo de 10: O Incio, Paradela e Samos.
- Sen casos en quince días: Triacastela.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 17 (1 menos).
- Chantada: 100 (4 máis).
- Monforte: 109 (4 máis).
- O Saviñao: 22.
- Pantón: 16 (2 máis).
- Quiroga: 10.
- Taboada: 10 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Ribas de Sil e Sober.
- Unha semana sen contaxios: A Pobra do Brollón.
- Quince días se casos: Folgoso do Courel.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).