Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A tendencia segue á baixa malia que os casos novos seguen aparecendo, de forma anecdótica por debaixo de cinco ao día. Hoxe hai 27 casos activos, 1 menos que onte, cun rexistro de 3 novos positivos e 4 altas. Onte a baixada foi de 2 enfermos con 2 novos contaxios e 5 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.985 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria segue en 3 persoas, ingresadas todas na UCI do hospital de Lugo.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
O número de concellos aínda con algún caso sobe a 9 (un máis). Na Mariña só Viveiro ten casos de novo mentres continúan de forma residual en Vilalba, Abadín, Lugo, A Fonsagrada, O Corgo, Becerreá, Monforte e O Saviñao.
A Mariña
- Viveiro volve ter algún caso.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Alfoz, Xove e Burela.
- Máis de quince días limpos: A Pontenova, O Valadouro, Ourol, Riotorto, Mondoñedo, Trabada, Lourenzá, Barreiros, Cervo, O Vicedo e Ribadeo. Únese Foz.
Terra Chá
- Abadín, por debaixo de 10 casos.
- Vilalba, tamén por debaixo de 10.
- Máis de quince días limpos: A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Xermade, Meira, Castro de Rei e Cospeito.
Comarca de Sarria
- Sarria volve ter algún caso tras cumprir xusto quince días limpa.
- Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Samos, Triacastela, O Incio e Paradela.
Centro da provincia
- Lugo segue por debaixo de 10 casos.
- A Fonsagrada, por debaixo de 10.
- O Corgo, por debaixo de 10.
- Becerreá, por debaixo de 10.
- Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín, Ribeira de Piquín, Castroverde e Guntín.
Ribeira Sacra
- Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
- O Saviñao, tamén con menos e 10 enfermos.
- Entre 1 semana e quince días sen casos: Chantada.
- Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Quiroga.
RESTRICIÓNS
Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.
- Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
- Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
- No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.