Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid non se dobrega e mantén casos activos mentres os casos novos seguen na media dos 200 diarios. Así, hoxe hai 2.o21 casos activos, 19 máis que onte, con 201 novos contaxios e 182 altas. Onte os casos baixaron en 105, con 142 novos contaxios e 247 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 53.417 casos rexistrados e 313 persoas falecidas (unha máis que onte).
A presión hospitalaria continúa fluctuando. Cae ocupación das UCI a 1 paciente (2 menos) e en planta son 41 (1 menos), 22 no de Lugo (1 menos), 6 na Mariña e 13 en Monforte.
POR COMARCAS
A Mariña continúa subindo en contaxios cun forte gromo en Viveiro (que subiu 24 casos) que afecta a xove. Destacan as caídas de casos en Lugo (22 menos) e Monforte (13).
Son xa once os concellos limpos de covid (1 máis), polo menos na última semana e 17 os que teñen menos de dez casos (2 menos).
A Mariña
- Alfoz: 11 casos (1 menos).
- A Pontenova: 10.
- Burela: 72 (4 máis).
- Cervo: 34 (2 máis).
- Foz: 60 (3 máis).
- Mondoñedo: 25 (2 menos).
- Ourol: 10.
- O Valadouro: 28 (6 menos).
- O Vicedo: 15 (1 máis).
- Ribadeo: 31 (4 máis).
- Trabada: 11.
- Viveiro: 235 (24 máis).
- Xove: 46 (7 máis).
- Por debaixo de 10: Barreiros e Riotorto.
- Sen casos nunha semana: Lourenzá.
Terra Chá
- A Pastoriza: 31 (1 menos).
- As Pontes: 79 (4 máis).
- Begonte: 14 (1 máis).
- Castro de Rei: 65 (2 máis).
- Cospeito: 11 (2 menos).
- Friol: 11.
- Guitiriz: 15 (1 máis).
- Outeiro de Rei: 27 (2 menos).
- Vilalba: 127 (1 máis).
- Xermade: 12 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, Meira, Muras, Pol e Rábade.
Comarca de Sarria
- Láncara: 10.
- O Páramo: 10.
- Sarria: 94 (4 menos).
- Por debaixo de 10: O Incio.
- Sen casos nunha semana: Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 43 positivos (2 menos).
- Baralla: 17 (2 menos).
- Becerreá: 11.
- Lugo: 1009 (22 menos).
- Monterroso: 13 (3 máis).
- O Corgo: 17 (2 máis).
- Portomarín: 11.
- Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Castroverde, Cervantes, Guntín e Palas de Rei.
- Unha semana limpo: Antas de Ulla, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Pedrafita.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 10 (3 menos) enfermos.
- Carballedo: 20 (2 menos).
- Chantada: 95 (9 máis).
- Monforte: 138 (13 menos).
- O Saviñao: 30 (2 máis).
- Pantón: 10.
- Taboada: 13 casos (1 menos).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Quiroga e Ribas de Sil.
- Unha semana sen contaxios: Folgoso do Courel.
- Quince días limpo: Sober.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).