Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid mantén a súa estabilidade arredor por debaixo dos 2.500 casos e cunha media diaria de contaxios algo inferior aos 300 mentres a hospitalización segue a fluctuar.
Así, hoxe hai 2.472 casos activos, 49 máis que onte, con 288 novos contaxios e 238 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 56.553 casos rexistrados e 315 persoas falecidas.
A presión hospitalaria sobe de novo. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 45 (1 máis), 26 están no de Lugo, 9 na Mariña e 9 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Mantense unha tendencia á alza de forma somera na análise de concello a concello. Suman casos de forma importante Vilalba con 24 máis e Lugo con 22 máis e sen baixadas destacadas.
O número de concellos limpos de covid é de 6 e son 16 os que teñen menos de dez casos (3 menos).
A Mariña
- Alfoz: 14 (1 máis).
- A Pontenova: 22 (2 máis).
- Barreiros: 34 (3 máis).
- Burela: 120 (6 máis).
- Cervo: 65 (1 menos).
- Foz: 99 (6 máis).
- Lourenzá: 15 (3 máis).
- Mondoñedo: 17.
- Ourol: 10 (2 menos).
- O Vicedo: 25.
- Ribadeo: 71.
- Viveiro: 297 (3 menos).
- Xove: 91 (3 máis).
- Por debaixo de 10: O Valadouro, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 20 (3 máis).
- A Pastoriza: 14.
- As Pontes: 192 (1 menos).
- Begonte: 29 (4 máis).
- Castro de Rei: 41 (3 menos).
- Cospeito: 35 (3 máis).
- Friol: 22 (1 menos).
- Guitiriz: 50 (3 menos).
- Meira: 17.
- Muras: 12 (2 menos).
- Outeiro de Rei: 60 (2 máis).
- Rábade: 14.
- Vilalba: 210 (24 máis).
- Xermade: 17.
- Por debaixo de 10: Pol.
Centro da provincia
- Antas de Ulla: 20 (1 máis).
- Baralla: 11.
- Castroverde: 25 (3 máis).
- Guntín: 26 (2 máis).
- Lugo: 1.102 (22 máis).
- Monterroso: 15 (1 menos).
- O Corgo: 21 (2 menos).
- Palas de Rei: 13.
- Pedrafita: 10.
- Portomarín: 10.
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes.
- Unha semana sen casos: As Nogais, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- Láncara: 18.
- O Páramo: 16 (2 máis).
- Sarria: 89 (5 máis).
- Por debaixo de 10: O Incio, Paradela e Samos.
- Sen casos en quince días: Triacastela.
Ribeira Sacra
- Chantada: 74 (7 menos).
- Monforte: 116 (5 máis).
- O Saviñao: 15 (1 menos).
- Pantón: 21 (1 máis).
- Quiroga: 10 (2 menos).
- Taboada: 10.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Ribas de Sil e Sober.
- Quince días sen casos: Folgoso do Courel.