Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid mantén o seu lento crecemento por riba xa dos 2.500 casos e cun volume medio de contaxios arrredor dos 250 diarios.
Así, hoxe hai 2.533 casos activos, 86 máis que onte, con 243 novos contaxios e 155 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 55.644 casos rexistrados e 315 persoas falecidas (1 máis que onte).
A presión hospitalaria sobe de novo. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 39 (3 máis), 24 están no de Lugo (3 máis), 5 na Mariña e 10 en Monforte.
POR COMARCAS
Situación sen variacións imporatantes con subidas subliñadas pero non pronunciadas en Vilalba con 16 e Monforte con 10. Tamén nas Pontes aumentou en 11.
O número de concellos limpos de covid é de 7 (2 máis) e son 16 os que teñen menos de dez casos (4 menos).
A Mariña
- Alfoz: 12 (1 máis).
- A Pontenova: 15 (2 máis).
- Barreiros: 24 (3 máis).
- Burela: 110 (2 menos).
- Cervo: 63 (1 menos).
- Foz: 87.
- Mondoñedo: 19 (3 máis).
- Ourol: 10 (1 menos).
- O Valadouro: 12.
- O Vicedo: 26 (2 máis).
- Ribadeo: 61 (1 máis).
- Viveiro: 349 (7 máis).
- Xove: 107 (5 máis).
- Por debaixo de 10: Lourenzá, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 13 (2 máis).
- A Pastoriza: 13 (3 menos).
- As Pontes: 183 (9 máis).
- Begonte: 12 (5 máis).
- Castro de Rei: 49 (6 máis).
- Cospeito: 24 (3 máis).
- Friol: 21 (1 máis).
- Guitiriz: 44 (2 máis).
- Meira: 12 (1 menos).
- Muras: 12 (1 máis).
- Outeiro de Rei: 50.
- Rábade: 14.
- Vilalba: 158 (8 máis).
- Xermade: 18.
- Por debaixo de 10: Pol.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 10 positivos (10 menos).
- Antas de Ulla: 19 (2 máis).
- Castroverde: 13 (1 menos).
- Guntín: 20 (1 máis).
- Lugo: 1.107.
- Monterroso: 15 (1 máis).
- O Corgo: 21 (1 máis).
- Pedrafita: 10.
- Por debaixo de 10: Baleira, Baralla, Becerreá, Navia de Suarna, Palas de Rei e Portomarín.
- Unha semana sen casos: As Nogais, Cervantes e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- Láncara: 14 (1 máis).
- O Páramo: 14 (1 menos).
- Sarria: 78 (5 máis).
- Por debaixo de 10: O Incio e Samos.
- Sen casos nunha semana: Paradela.
- Sen casos en quince días: Triacastela.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 14 (1 menos).
- Chantada: 86 (15 menos).
- Monforte: 116 (3 menos).
- O Saviñao: 19 (1 menos).
- Pantón: 15 (2 menos).
- Quiroga: 11.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Sober e Taboada.
- Unha semana sen casos: Ribas de Sil.
- Quince días sen casos: Folgoso do Courel.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).